Archivo diario: 17/03/2023

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS – 17/03/2023

COMISIÓN DE SERVIZO

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

Resolución convocatoria novas comisións de servizo

Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

🔴 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES (do 2o ó 24 de marzo)

🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

▪️ Accede á resolución publicada e ás prazas ofertadas⤵️⤵️

Resolución convocatoria novas comisións de servizo

 

RETRASO NO COBRO DO GRADO 2 DA CARREIRA PROFESIONAL DOS XESTORES E MÉDICOS FORENSES

A administración informounos na pasada mesa sectorial do 9/3/23, que tiña intención de proceder ó pago dos atrasos da carreira profesional, grado 2 para xestores e forenses na nómina deste mes de marzo. A pesar do anterior, no día de hoxe confírmannos que lles resultou imposible o pago en marzo, e que o pago se fará na nómina do mes de abril.

– O COBRO SERÁ NA NÓMINA DE ABRIL (ATRASOS DE XANEIRO, FEBREIRO E MARZO E ACTUALIZACIÓN DA NÓMINA DE ABRIL)

🔴 Cada mensualidade supón o 60% do valor de un grado, polo que suporá:

Corpo de Xestión: 94,23 euros/mes de suba.

Corpo de Médicos Forenses: 134,64 euros/mes de suba.

 

LAJ: NOMBRAMIENTO DE FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS

Se ha publicado en la página web del Ministerio de Justicia la Orden por la que se nombran funcionarias/os en prácticas a las personas aprobadas por el Sistema de Promoción Interna en las pruebas selectivas para el ingreso en el cuerpo de Letradas y Letrados de la Administración de Justicia, convocadas por Orden Jus/1523/2021, de 3 Diciembre.

Accede a la orden en este ENLACE.

 

EGAP: CURSOS SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC), ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

Hoxe se publica no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), Administración Electrónica e Protección de Datos, para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 18 ao 27 de marzo de 2023

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

CRITERIOS DE SELECCIÓN: Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados na seguinte ligazón: https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB, sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II da resolución.

CURSOS: Accede aos cursos convocados para o persoal ao servizo da Servizo da Administración de Xusstiza, coa especificación das horas, datas e modalidade (ANEXO II), neste ENLACE

Enlace á Publicación no DOG