VER NOTA INFORMATIVA COMPLETA CARREIRA PROFESIONAL – ACTUALIZACIÓN CAT
SPJ-USO RATIFICA E GARANTIZA XUNTO COA XUNTA DE GALICIA OS GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL PARA TODA A XUSTIZA GALEGA (TITULARES E INTERINOS) NO PRÓXIMO MES DE SETEMBRO E CON EFECTOS ECONÓMICOS A 1 DE XANEIRO 2022 TAL E COMO SEMPRE AFIRMAMOS.
CLÁUSULA DE REVISIÓN – ACTUALIZACIÓN DO CAT DOS XESTORES (22,90 EUROS) E FORENSES (60,03 EUROS) PARA ESTAR POR RIBA DA MEDIA NACIONAL: SERÁ TAMEN CON EFECTOS DENDE O DÍA 1 DE XANEIRO DE 2022 ESTARA REFLEXADO EN NÓMINA DE AGOSTO OU SETEMBRO.
SPJ-USO, ademais de impulsor e firmante da Carreira Profesional galega (única verdadeira Carreira de todo o Estado), tivo que convertirse nos últimos tempos, no GARANTE da Carreira Profesional, e loitar contra as sentencias dos sindicatos non firmantes, a crise económica e os cambios de goberno. E así o fixemos…. FEITOS, non palabras!!!
A carreira profesional 2022 porase en marcha en setembro, previa mesa sectorial para dar coñecemento os sindicatos non firmantes e publicación no Doga, abríndose o correspondente prazo de solicitudes.
O cumprimento dos requisitos correspondentes (antigüidade e formación ou un dos criterios xerais de avaliación) deberase acreditar a data 31-12-2021, no corpo en que se estivese en servizo activo nesa data na Administración de xustiza en Galicia (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza).
OS FUNCIONARIOS INTERINOS, como sempre vos informamos e así firmou SPJ-USO, accederán neste 2022 ó grado 1 de carreira profesional, coa porcentaxe correspondente ó seu corpo, e con efectos económicos 1-1-2022.
Ante a multitude de casos de xente que promocionou nos últimos tempos E REINGRESOS en corpos superiores, lembrade que conforme deixamos firmado, cando un funcionario promociona, o tempo traballado no corpo inferior se lle recoñece íntegramente no corpo superior para os efectos de acceso ó seguinte grado da Carreira.
LEMBRADE: ⤵⤵
A CARREIRA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA EN CIFRAS 2022:

En resumo, os compañeiros que acceden de novo á carreira profesional, accederán sempre polo grado un, coa porcentaxe correspondente. Os compañeiros que soliciten o acceso ó grado 2, accederán coa porcentaxe correspondente ó seu corpo e grado.
VALOR DE CADA GRADO COMPLETO (temos 4 grados):
-
- Forenses: 2.589,12 euros/ano por cada grado
- Xestores: 1.812,00 euros/ ano por cada grado.
- Tramitadores: 1.168,56 euros/ano por cada grado.
- Auxilios: 991,80 euros/ano por cada grado.
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...