Archivos de la categoría VIOLENCIA SOBRE A MULLER

Produtividade Violencia de xénero sobre a muller (VXM) para o ano 2026 – COMPLEMENTO DE VIOLENCIA DOS POBOS

A DXX informa que segundo o artigo 2.c da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller percibirán un complemento retributivo por obxectivos o persoal funcionario do Servizo común de tramitación do tribunal de instancia dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. Unha vez pechada definitivamente a estatística correspondente aos datos do ano 2025, constátase que cumpren o criterio establecido no artigo 2.c da dita resolución os seguintes servizos comúns de tramitación do tribunal de instancia que asumen a materia de violencia sobre a muller:

  • SCT de Betanzos
  • SCT de Carballo
  • SCT de Monforte de Lemos
  • SCT de Viveiro
  • SCT de Barco de Valdeorras
  • SCT de Ponteareas
  • SCT de Vilagarcía de Arousa
  • SCT de Tui
  • SCT de Cangas
  • SCT de Lalín
  • SCT de Cambados
  • SCT de Redondela
  • SCT de Porriño
  • SCT de Marín

Asignarase con efectos económicos dende o 01.01.2026 o complemento de produtividade ao persoal funcionario dos centros de destino anteriores dentro dos límites establecidos na devandita resolución.

A certificación da Dirección do servizo común farase de xeito mensual e poderá facerse a través da OPAX.

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.

COBRANZA E CERTIFICACIÓN DA VIOLENCIA SOBRE A MULLER VSM NOS POBOS: A DXX DEBE CUMPLIR AS SÚAS FUNCIÓNS E SPJ-USO ESIXE NOVAMENTE UNHA PÚBLICA E URXENTE ACLARACIÓN SOBRE O MODO DE PROCEDER


ℹ️➡️ Ante as múltiples e diferentes informacións que se están dando ó respecto diso, causadas pola falta de resposta da DXX e a inexistencia de instruccións ó respecto, e tendo en conta as diferentes informacións que están difundindo os LAX COORDINADORES, cada un no seu «feudo», solicitamos ACLARACIÓN FORMAL REFERENTE Á COBRANZA E CERTIFICACIÓN DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER (VSM) dos pobos:

📣📣 Solicitamos que a certificación e cobranza poida ser MENSUAL, debendo remitirse instrucción ben pola DXX ou ben polos letrados coordinadores provinciais, dado que algún destes últimos enviaron no seu día comunicación afirmando que as certificacións debían ser SEMESTRAIS, cos problemas que isto ocasionaría á hora de dilación na cobranza, problemas cos funcionarios de vacacións, etc…..

🔴 Tralo solicitado por este sindicato na última mesa sectorial, e vistas as informacións que apuntan a que a certificación “pode ser mensualmente a diferentes funcionarios, pero debe de facerse o certificado “SEMESTRALMENTE”, este sindicato non comparte en absoluto esa forma de proceder, polos prexuizos que ocasionaría ós funcionarios afectados, incluso no cobro da VSM.

⚠️⚠️ En base ao exposto SOLICITAMOS QUE SE ACLARE DEFINITIVAMENTE E SE INFORME tanto ás OOSS como aos LAX DIRECTORES sobre a forma e requisitos das certificacións de VSM dos pobos da fase 1 afectados.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

PUBLICADO NA INTRANET O DECRETO CO SERVIZO PARA AS SECCIÓNS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER DE OURENSE E SANTIAGO DE COMPOSTELA

PUBLICADO NA INTRANET O DECRETO CO SERVIZO PARA AS SECCIÓNS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER DE OURENSE E SANTIAGO DE COMPOSTELA

Con motivo da entrada en vigor do Real decreto 422/2025, do 3 de xuño, que crea novas seccións de violencia contra a infancia e a adolescencia e amplía o persoal do Ministerio Fiscal, a Xunta de Galicia habilitou un servizo de traslado para todas as persoas citadas xudicialmente nas seccións de violencia sobre a muller dos tribunais de instancia de Santiago de Compostela e Ourense, cando estas se atopen noutro partido xudicial distinto ao da sede da sección.

O decreto amplía a xurisdición destas seccións aos seguintes partidos xudiciais:

Santiago de Compostela: Noia, Arzúa, Ribeira, Negreira, Muros, Padrón e Ordes.

Ourense: Verín, O Carballiño, Xinzo de Limia, Ribadavia, Celanova e Bande.

Sigue leyendo

PUBLICADO NO DOG- COMPLEMENTO RETRIBUTIVO POR OBXECTIVOS DO PERSOAL FUNCIONARIO DESTINADOS NAS UNIDADES XUDICIAIS CON COMPENTENCIA EN MATERIA DE VIOLENCIA

IMPORTANTE

PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN  do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251230/AnuncioG0759-231225-0010_es.html

Este complemento retributivo por obxectivos é de carácter mensual, adicional e compatible co complemento específico, así como coas prolongacións de xornada establecidas, de ser o caso, para este persoal

Esta resolución será de aplicación ao persoal funcionario que preste servizo nas seguintes unidades:

A) Servizo común que corresponda en localidades con tribunais de instancia con seccións de violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.
B) Servizo común que corresponda en localidades con tribunais de instancia con seccións de instrución con especialización en violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.
C) Servizo común de tramitación do tribunal de instancia dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. O persoal funcionario que poderá recibir este complemento será o persoal que desenvolva as súas funcións dentro do grupo de penal (procedemento penal, procedemento e execución penal e/ou execución civil e penal), de conformidade co disposto no correspondente protocolo de actuación, ao cal se sumarán unha ou dúas persoas do corpo de auxilio xudicial, e quedará, en todo caso, supeditado aos límites establecidos no anexo I.

A cantidade que vai percibir o persoal funcionario referido no artigo anterior será de:
a) 115,83 €/mes.
b) 86,89 €/mes.
c) 57,92 €/mes.
Estas cantidades serán actualizadas segundo o disposto na orde de confección de nóminas.

ANEXO I

Data de publicación DOG – Complemento retributivo por obxectivos VSM‼️

Data de publicación DOG – Complemento retributivo por obxectivos VSM‼️

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ A DXX informa que mañá martes día 30 de decembro, está prevista a publicación no DOG da seguinte resolución:

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.