Archivos de la categoría XORNADA E HORARIO NA XUSTIZA GALEGA

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN DENDE O 1 DE XUÑO Ó 30 DE SETEMBRO – ESIXIMOS UNHA RESPOSTA Á DXX!!!

SPJ-USO, na loita pola CONCILIACIÓN DA  VIDA LABORAL E  FAMILIAR, ven de remitir comunicación reiterando o escrito presentado ante a DXX solicitando a ampliación da xornada de  verán dende o 1 de xuño ó 30 de setembro conforme a normativa estatal de aplicación supletoria. 

Non podemos estar dacordo  coa estratexia da  DXX de «DAR A CALADA POR RESPOSTA E NON CONTESTAR A NADA», e esiximos que ante a proximidade da data solicitado  do 1 de xuño, se nos dé  debida resposta á nosa  solicitude.

Basta xa de mirar para outro lado!!! 

Justificante-PR004A-20260429

Solicitud-PR004A-20260429

En tanto non teñamos unha resposta ó solicitado, a normativa actual  establece que  a xornada de verán comeza o 16 de xuño (martes) e  remata o 15 de setembro.

Amplía información e accede á solicitude  inicial: 👇👇

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO ÁS 35 HORAS SEMANAIS

 

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO ÁS 35 HORAS SEMANAIS

conciliaciónUN ANO MAIS, SPJ-USO SEGUE LOITANDO POLA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR.

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN DENDE O 1 DE XUÑO Ó 30 DE SETEMBRO (unha vella reivindicación de SPJ-USO)

E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO DE 2024 Á NORMATIVA ESTATAL 2026 QUE ESTABLECE AS 35 HORAS SEMANAIS.

Accede ó ESCRITO ÍNTEGRO MODIFICACIÓN ORDE HORARIO E AMPLIACIÓN HORARIO VERÁN_signed

Accede á CIRCULAR INFORMATIVA Ampliación xornada verán e 35 horas semanais inverno

Logo de acadar que a Dirección Xeral de Xustiza modificase xa no 2018 durante a vixencia do horario de verán, tanto o horario de entrada como o réxime das prolongacións de xornada e posterior modificación na Orde do horario de 2024, seguimos a loitar por mellorar as condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

SPJ-USO leva anos esixindo a ampliación do horario de verán dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro conforme á normativa estatal, de aplicación supletoria conforme ó disposto na LOPX.

SPJ-USO ven de presentar novo escrito solicitando que se amplíe a xornada intensiva de verán para o persoal ó servizo da Administración de xustiza, nos termos establecidos na Resolución de 12/6/2017 ditada pola Secretaría de Estado de Función Pública, que modifica a de 28-12-2012 e Resolución de 14 de abril de 2026 publicada no BOE o pasado mércores 15 de abril DE 2026 que acorda a xornada de 35 horas semanais, establecendo que:

Por motivos de conciliación de la vida familiar y laboral, los empleados y empleadas públicos con descendientes o personas sujetas a su tutela o acogimiento de hasta 12 años de edad, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este, estando a su cargo, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva desde el 1 de junio y hasta el 30 de septiembre. Este derecho podrá ejercerse también en el año en que el menor cumpla la edad de 12 años.

Igualmente, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva, desde el 1 de junio hasta el 30 de septiembre, los empleados y empleadas públicos que tengan a su cargo personas que tengan reconocida una discapacidad igual o superior al 33 %, siempre que convivan con el solicitante y dependan de este.”

Entendemos que dita normativa e de aplicación supletoria para o noso colectivo (Artigo 500.2 LOPX: 500.2 establece: “2. La duración de la jornada general semanal será igual a la establecida para la Administración General del Estado”, e por iso, seguiremos traballando para acadar a ampliación da xornada intensiva, en defensa da conciliación da vida familiar e laboral.

A maiores do anterior, e a pesar de que por acordo da Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia na Xustiza galega “contrólanse” 35 horas semanais na xornada de Inverno, a normativa actual, de 2024, establece que na xornada de inverno o noso horario é de 37.5 horas semanais, polo que solicitamos a adaptación normativa da RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2024, que establece no seu punto 4.1 “Con carácter xeral, nas oficinas e servizos da Administración de xustiza en Galicia, a xornada de traballo prestarase en xornada continua, cunha duración mínima de trinta e sete horas e media semanais de traballo efectivo de media en cómputo mensual, o que equivale a mil seiscentas corenta e dúas horas anuais” e a súa adaptación á Resolución de 14 de abril de 2026 que establece “La duración de la jornada general será de 35 horas semanales de trabajo efectivo de promedio en cómputo anual, equivalente a mil quinientas treinta y tres (1533) horas anuales”.

Justificante-PR004A-20260429

Solicitud-PR004A-20260429

SEMANAS GRANDES 2026 – PROVINCIA DE PONTEVEDRA

SEMANAS DE HORARIO REDUCIDO 2026 – PONTEVEDRA

XORDANA REDUCIDA DE 9 A 14 HORAS.

– No caso de ter recoñecida prolongación de xornada, para cumprir coa mesma hai que realizar cinco horas e media cada día.

Accede ás semanas grandes definitivas Pontevedra 2026

SEMANAS GRANDES 2026 PROVINCIAS DE A CORUÑA E LUGO

SPJ-USO INFORMASEMANAS DE HORARIO REDUCIDO 2026 a CORUÑA

XORDANA REDUCIDA DE 9 A 14 HORAS.


 

 Semanas grandes 2026 A Coruña

Semanas grandes 2026 de Lugo

DOG: PUBLICADOS OS FESTIVOS LOCAIS DE GALICIA PARA 2026

Publicada no DOG RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2026, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Accede ós festivos locais: ⤵️⤵️

FESTIVOS LOCAIS GALICIA 2026