
A Consellería de Educación convoca cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27
Están dirixidos a empregados públicos , incluido o persoal de xustiza. Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregadas públicas e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregadas/os públicas/os.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.
As datas de realización dos cursos para o segundo cuadrimestre serán entre xaneiro e maio de 2027, segundo o curso.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto da resolución.
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo ( para os cursos LAG) e décimo segundo desta resolución( para os cursos de preparación obtención dos celga)
Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
Poderanse realizar nas distintas sedes das escolas oficiais de idiomas de Galicia de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Accede o resto de requisitos no seguinte enlace:
Accede á convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa e Celgas

No día de hoxe publícase no DOG seguinte 




















