Archivo diario: 15/03/2023

CONCURSO DE TRASLADO: INFORMACIÓN REFERENTE A TOMAS DE POSESIÓN O DIA 28/03/23 NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Dirección Xeral de Xustiza comunícanos que, dado que na localidade do centro xestor de persoal do Servizo de Xustiza de Vigo, é inhábil o día 28 de marzo, todo o persoal funcionario que desexe tomar posesión noutras localidades da provincia de Pontevedra nesa data, deberá comunicalo ó Servizo de Xustiza ós efectos de enviarlles con anterioridade o documento de toma de posesión, que será asinado dixitalmente polo persoal o día 28 de marzo e remitido ó Servizo de Xustiza por correo electrónico

CHAMAMENTO DE PERSOAL INTERINO – GALICIA (15/03/23)

 

No día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino, para prestar servizos nos seguintes Órganos:

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

☑️ XDO. DE MENORES PONTEVEDRA – CXPA — I.T.

☑️ XDO. PRIM. INSTANCIA. N. 15 VIGO – CTPA –SUBSTITUCION

————————————————–

PROVINCIA DE OURENSE

☑️ XDO. PRIM. INST. E INSTR. N. 1 DE VERIN – CTPA — REFORZO

————————————————–

PROVINCIA DE A CORUÑA

☑️ FISCALIA PROVINCIAL A CORUÑA – CXPA — I.T.

☑️ XDO. PRIM. INST. E INSTR. N. 1 NEGREIRA – CTPA — LIC. ENF.

☑️ XDO. PRIM. INSTANCIA N. 4 A CORUÑA – CAX — VACANTE

☑️ XDO. CONT-ADTVO. N. 2 SANTIAGO – CAX – SERV.ESPECIAIS

☑️ DECANATO PR.I/I. BETANZOS – CAX — I.T.

☑️ XDO. DO PENAL N. 2 SANTIAGO – CAX — LIC. ENF.

————————————————–

PROVINCIA DE LUGO

☑️ XDO. DE INSTRUCCIÓN N. 1 LUGO – CTPA – LIC. ASUNT. PROP.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 15/03/2023

 

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería.

Accede á resolución neste enlace:

Resolución Substitucións 15/03/2023

🔴PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴Modelo de solicitude: Anexo II
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX , ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes faranse conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

🔴As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️Consulta na imaxe as SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS