Archivos de la categoría MODERNIZACIÓN XUSTICIA GALICIA

ÚLTIMA HORA – INFORMACIÓN SOBRE A IMPLANTACIÓN DE ATENEA

Deixámosvos acceso á información sobre a IMPLANTACIÓN DE ATENEA remitida por AMTEGA E A DXX ós Letrados directamente afectados.

Lamentamos que a DXX non teña a «delicadeza» xa non de negociar a implantación, se non, tampouco de remitir ós LEXÍTIMOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES a mencionada información.

Accede á Información sobre la implantación de ATENEA

Tal como vos vimos informando, SPJ-USO reitera a súa ESIXENCIA DE FORMACIÓN PRESENCIAL PARA TÓDOLOS FUNCIONARIOS/AS AFECTADOS, pois a DXX como se confirma, PRETENDE DAR A FORMACIÓN PRESENCIAL ÚNICAMENTE ÓS SERVIZOS PILOTOS DE CADA LOCALIDADE.

SPJ-USO – ESCRITO SOLICITANDO FORMACIÓN SOBRE ATENEA_signed

SPJ-USO ESIXE POR ESCRITO FORMACIÓN PREVIA, REAL, PRÁCTICA, SUFICIENTE E ADAPTADA OS DIFERENTES CORPOS E POSTOS PARA A IMPLANTACIÓN DO NOVO PROGRAMA INFORMÁTICO 🖥️ ATENEA

PRIMEIRO.- Que a Administración de Xustiza de Galicia se atopa ante a inminente implantación do novo sistema informático de xestión procesual Atenea, que substituirá o actual sistema Minerva, estando prevista a súa posta en funcionamento antes de finalizar o presente ano.

Sigue leyendo →

ATENEA: CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN NOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA GALEGOS

ATENEA: CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN NOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA GALEGOS.

Respecto ao proceso de implantación de Atenea en Galicia, dende a Dirección Xeral de Xustiza infórmase que:

O plan de traballo e calendario de implantación está condicionado por dous fitos que se deben acadar:

  • O 01/01/2027 debe estar operativo Atenea en todos os tribunais de instancia, para habilitar o contador único por sección. O sistema Minerva non prevé esta funcionalidade.
  • O 28/02/2027 o sistema de xestión procesual Minerva deixa de ser operativo a todos os efectos.

Tendo en conta estas premisas, estableceuse un plan de traballo que entra agora na fase de implantación efectiva nos tribunais de instancia.

O calendario previsto de implantación é o seguinte:

  • 05/10/2026: Inicio da implantación nos tribunais de instancia de Bande e Verín, que actuarán como órganos piloto.
  • Do 05/10/2026 ao 05/12/2026: Implantación progresiva en todos os tribunais de instancia. Durante este período poderán convivir ambos sistemas de xestión procesal. Establécese, con carácter orientativo, un período dun mes dende a posta a disposición de Atenea en cada órgano ata a desactivación do acceso a Minerva.
  • 05/12/2026: Atenea estará dispoñible en todos os tribunais de instancia.
  • 21/12/2026: Eliminación do acceso a Minerva, agás nos SCACE.
  • 01/01/2027: Atenea será o único sistema de xestión procesual operativo e activarase o contador único por sección.
  • Do 01/01/2027 ao 28/02/2027: Implantación de Atenea nos SCACE.
  • 28/02/2027: Apagado definitivo de Minerva.

Durante o período de implantación progresiva, do 05/10/2026 ao 05/12/2026, concretarase o calendario de cada tribunal de instancia.

Data prevista da primeira implantación de Atenea nun tribunal de instancia na instalación indicada

  • Ourense (comprende todos os partidos xudicias da provincia e Audiencia Provincial de Ourense): 05/10/2026
  • Ferrol (comprende o partido xudicial de Ferrol e todas as vilas da provincia de A Coruña): 13/10/2026
  • Santiago de Compostela (comprende o partido xudicial de Santiago de Compostela, a Audiencia Provincial da Coruña e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia): 19/10/2026
  • A Coruña (comprende o partido xudicial de A Coruña): 26/10/2026
  • Pontevedra (comprende o partido xudicial de Pontevedra e todas as vilas da provincia de Pontevedra): 02/11/2026
  • Vigo (comprende o partido xudicial de Vigo e a Audiencia Provincial de Pontevedra): 09/11/2026
  • Lugo (comprende todos os partidos xudiciais da provincia e Audiencia Provincial de Lugo): 16/11/2026

Os calendarios concretos en cada tribunal de instancia comunicaranse previamente a cada un dos órganos implicados.

O proceso de implantación irá acompañado de actividades de capacitación adaptadas ao perfil das persoas usuarias e ao seu ámbito de traballo.

O calendario destas sesións comunicarase e publicarase a través das canles habituais.

INFORMACIÓN SOBRE A IMPLANTACIÓN DE ATENEA EN GALICIA

ℹ️➡️ O Servizo de Modernización da Administración de Xustiza informa a SPJ-USO trala solicitude realizada: 👇

🗓️ No último trimestre deste ano 2026 vaise a levar a cabo o cambio do sistema de xestión procesal en uso na administración de Xustiza en Galicia. Como resultado dun acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Justicia, o actual sistema Minerva será substituido polo sistema Atenea.

⚠️⚠️ En primeiro lugar, vaise abordar a implantación nos tribunais de Instancia de Verín e Bande, polo que se comunicará en breve co persoal afectado para presentar as características do novo sistema, as súas diferenzas respecto a Minerva e o plan detallado de implantación que se levará a cabo entre o 2 e o 9 de outubro, incluídas as actividades de capacitación e de acompañamento previstas.

👉 Tratase da primeira implantación de Atenea en Galicia, polo que a participación de Verín e Bande nesta experiencia piloto será especialmente relevante para extraer aprendizaxes que permitan facilitar as seguintes implantacións de Atenea no resto de Galicia neste ano 2026.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

INTRANET XUSTIZA: LO 1/2025 | Primeiros cambios tecnolóxicos derivados da implantación da NUMO nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra – fase 3

Na intranet de xustiza vense de publicar a seguiente información en relación coa implantación da NUMO fase III: