Tras diversas xestións ó respecto, e previo compromiso verbal de que en breve se solucionará o problema, SPJ-USO ven de esixir formalmente por escrito que se dé SOLUCIÓN URXENTE á problemática das humidades existentes na AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, e especialmente na oficina da Audiencia Provincial, Sección 4 de Pontevedra. Esta problemática, como é de sobra coñecido, arrástrase dende hai tempo, tendo o último capítulo en canto a inundación no pasado mes de novembro. En todo caso, a problemática da Sección 4 ven de antes, e dende SPJ-USO entendemos que se demore o arranxo integral da cuberta da Audiencia Provincial, mais, a solicitude dos traballadores, non podemos pasar por alto que a situación da Sección 4, ademais de lamentable estéticamente, é perxudicial para a saúde dos traballadores (e mais se cabe tendo en conta que varios traballadores sufren problemas de asma, alerxia e similares que se están agravando pola situación laboral que se ven obrigados a sufrir a diario). Polo anteriormente exposto, é polo que solicitamos que se dé unha solución aínda que sexa de maneira provisional á Sección 4, pois noutro caso desde este sindicato verémonos abocados a denunciar a situación públicamente nos medios de comunicación así como ante a Inspección de Traballo, se nun prudencial espazo de tempo non recibimos resposta afirmativa á nosa solicitude.
Dado que unha imaxe vale mais que mil palabras, adxunto imaxes da situación actual da Sección 4.
Sigue leyendo →
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...
Publicado en SAUDE LABORAL