EGAP: CURSOS SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC), ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

Hoxe se publica no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), Administración Electrónica e Protección de Datos, para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 18 ao 27 de marzo de 2023

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

CRITERIOS DE SELECCIÓN: Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados na seguinte ligazón: https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB, sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II da resolución.

CURSOS: Accede aos cursos convocados para o persoal ao servizo da Servizo da Administración de Xusstiza, coa especificación das horas, datas e modalidade (ANEXO II), neste ENLACE

Enlace á Publicación no DOG

Los comentarios están cerrados.