Archivo de la categoría: ELECCIÓNS SINDICAIS

ELECCIÓNS SINDICAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2023. VOTACIÓNS O 20 DE XUÑO. XA SE PODE SOLICITAR O VOTO POR CORREO!!!

ELECCIÓNS SINDICAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2023. VOTACIÓNS O 20 DE XUÑO.

XA SE PODE SOLICITAR O VOTO POR CORREO!!!

MODELO DE SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO – solicitude 2023 – GALICIA

O vindeiro 20 de xuño de 2023 terán lugar as eleccións sindicais na Administración de Xustiza nas catro provincias da Comunidade Galega.

Do 18/5/23 ó 29/5/23 será a presentación de candidaturas.

Do 30 ó 31/5/23 procederase á proclamación pola Mesa Electoral das candidaturas presentadas.

O 1/6/23 será a data para a presentación das reclamacións sobre a presentación de candidaturas.

O 2/6/23 resolveranse as reclamacións pola mesa e publicaranse definitivamente as candidaturas proclamadas.

Do 5 ó 18 de xuño son as datas establecidas para a “propaganda electoral”, sendo o 19 de xuño a “xornada de reflexión”.

O martes 20 de xuño será a xornada de VOTACIÓN e ESCRUTINIO. A votación será de 9 a 14 horas o día 20 de xuño martes.

Se prevés non poder acudir físicamente o 20 de xuño a exercer o teu dereito ó voto, lembra pedir o  voto por correo ante a mesa electoral coordinadora. Xa se pode solicitar o voto por correo, que che será remitido ó domicilio que designes na túa solicitude.

MODELO DE SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO – solicitude 2023 – GALICIA

Posteriormente recibirás na dirección indicada toda  a documentación precisa para votar por correo.

Debes introducir a papeleta no sobre de votación que che remiten, e unha vez cerrado o sobre, introducilo noutro sobre mais grande xunto coa copia do teu DNI, DNI que debe ir dentro do sobre grande e fóra do sobre pequeno de votación, remitindo o sobre grande por correo certificado á Mesa Electoral Coordinadora correspondente.

Para calquera dúbida contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.

FEITOS

FIN DO PROCESO ELECTORAL NA XUSTIZA GALEGA,CON SEGUINTES RESULTADOS, GRACIAS A TOD@S

RESULTADOS 20191.png

RESULTADOS 2019  Estes resultados son un sinal de confianza para nós, e demóstrannos que mereceu a pena traballar ao voso lado tras un ano moi duro e repleto de obstáculos.

Queremos agradecer profundamente a vosa confianza a tod@ s os afiliad@s e simpatizantes que nos apoiastes neste camiño; co voso apoio deixástesnos moi claro que merece a pena continuar traballando con seriedade e profesionalidade, como o fixemos ata agora.

Tede a seguridade de que imos seguir ao voso lado para todo aquilo que necesitedes.

Tamén queremos decirvos a aqueles que non nos votastes, que continuaremos traballando para que dentro doutros catro anos non dubidedes en apoiar a candidatura deste sindicato.

Por último, e seguindo a nosa liña de actuación, estendemos a man ao resto das Organizacións Sindicais para que deixen ao carón a crítica destrutiva, que claramente se demostrou que non serve para nada máis que para sementar o odio e a división, por isto convidámolos a que se unan a avanzar e a construír un colectivo unido e forte.

Queremos agradecer especialmente ademais de ós nos@s afiliad@s, a tódolos compañeir@s que participástedes activamente formando parte das nosas candidaturas

Celebradas as eleccións en Ourense, SPJ USO consolídase como sindicato maioritario na Xustiza Galega

Resultado de imagen de gracias.

SPJ-USO quere dar as GRACIAS a tódolos traballador@s da Xustiza galega, dado que, tras ganar as eleccións sindicais o pasado mes de Xuño en A Coruña, Lugo e Pontevedra, o pasado venres tamén gañou as eleccións na provincia de Ourense por ampla maioría.

SPJ-USO era o sindicato maioritario na xustiza galega en 2015 con 17 delegados, agora é mais maioritario se cabe con 19 delegados, 2 mais que en 2015.

Os datos da provincia de Ourense son os seguintes:

SPJ-USO 74 VOTOS – 4 DELEGADOS      CUT 43 VOTOS – 2 DELEGADOS

UGT 35 VOTOS – 2 DELEGADOS               CSIF 35 VOTOS – 2 DELEGADOS

STAJ 22 VOTOS – 1 DELEGADO                CIGA 14 VOTOS – 1 DELEGADO

CCOO 13 VOTOS – 1 DELEGADO              JyP 10 VOTOS – 0 DELEGADOS

SPJ-USO CONTA CON 7 DELEGADOS EN PONTEVEDRA, 5 EN A CORUÑA, 3 EN LUGO, E ESTES 4 DE OURENSE, QUE SUMAN UN TOTAL DE 19 DELEGADOS, 6 mais que a segunda forza sindical.

AFRONTAMOS OS VINDEIROS 4 ANOS  CON RESPONSABILIDADE, RIGOR, COMPROMISO, TRABALLO E ILUSIÓN, TODO ELO ENFOCADO NA MELLORA DAS NOSAS CONDICIÓNS LABORAIS .

 Unha vez máis, estendemos a man ao resto das Organizacións Sindicais para que deixen ao carón a crítica destrutiva, que claramente se demostrou que non serve para nada máis que para sementar o odio e a división, por isto convidámolos a que se unan a avanzar e aconstruir un colectivo unido e forte.

GRAZAS POR VOTAR EN POSITIVO!!!

GRAZAS POR CONFIAR E DEPOSITAR A CONFIANZA EN SPJ USO!!!

ELECCIÓNS SINDICAIS OURENSE. PERMISOS RETRÍBUIDOS

Resultado de imagen de PERMISOS RETRIBUIDOSResolución relativa aos permisos retribuídos que poderán desfrutar os electores que exerzan o dereito ao voto nas eleccións sindicais de Ourense do vindeiro día 11/10/2019. A citada resolución sairá publicada no DOG o día 04/10/2019.

– Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

-Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

– Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.

Os compoñentes das mesas e os interventores e apoderados das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

VER RESOLUCIÓN COMPLETA:

permisos dia votacion gal

Imagen

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS SINDICAIS DA XUSTIZA EN GALICIA.

RESULTADOS ELECCIONES 2019