ULTIMAS INFORMACIÓNS DADAS POLO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES

spjinforma

📢🔊 ULTIMAS INFORMACIÓNS DADAS POLO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES ‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ TODAS ESTAS INFORMACIÓNS HAI QUE TELAS EN CONTA COA DEBIDA CAUTELA XA QUE O MINISTERIO INCUMPRIU MOITAS VECES OS PRAZOS DADOS CON ANTERIORIDADE.

🔴ADXUDICACIÓN DESTINOS XESTIÓN, ESTABILIZACIÓN-CONCURSO (Orde JUS 1288/2022): publicaranse no BOE na segunda quincena de maio.

⚫ DESTINOS ESTABILIZACIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN: Pouco despois (sen concretar data) ofreceranse os destinos dos tres corpos simultaneamente.

🔴 OFERTA DESTINOS AUXILIO XUDICIAL, ESTABILIZACIÓN-CONCURSO (Orde 1288/2022) ámbito non transferido: tras a adxudicación do «concursillo» da Fase I dos Tribunais de Instancia, que o Ministerio anunciou onte que resolverá entre o 17 e 20 de abril, publicaríase a oferta de destinos de Auxilio.

⚫ OEP 2023 (PROMOCIÓN INTERNA E QUENDA LIBRE): sen esperar á resolución de adxudicación de destinos de Xestión e Auxilio, estabilización, ofreceranse as prazas da OEP 2023 (promoción interna e quenda libre), con previsión de que os destinos estean adxudicados antes de agosto.

🔴OS DESTINOS DA OEP 2024: non se ofrecerán ata despois do verán.

⚫MÉRITOS TURNO DISCAPACIDADE, Orde PJC/1357/2024, do 19 de novembro: o Ministerio de Xustiza non dá información algunha sobre a oferta de prazas neste proceso.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.