Archivos de la categoría EGAP

EGAP: CURSO DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES – NIVEL BÁSICO

La Escuela Gallega de Administración Pública (EGAP) publica en el DOG de 21 de agosto de 2026 la convocatoria del curso “Prevención de riesgos laborales en actividades de tiempo libre – Nivel básico”, organizado en colaboración con el Instituto Gallego de Seguridad y Salud Laboral (ISSGA).

📚 DATOS DEL CURSO

🔹 Código: CV26110
🔹 Duración: 60 horas
🔹 Modalidad: Teleformación
🔹 Plazas: 100
🔹 Inicio: 22 de septiembre de 2026
🔹 Finalización: 20 de noviembre de 2026
🔹 Examen final: 20 de noviembre de 2026, a las 10:00 horas, de forma telemática.

Sigue leyendo

EGAP: CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS – NIVEL BÁSICO

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), convoca cursos de Prevención de Riscos Laborais – Nivel Básico, segundo a Resolución do 31 de xullo de 2026 publicada no DOG do 14 de agosto.

📌 DATOS DO CURSO

🔹 Código: CV26109
🔹 Denominación: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. ISSGA
🔹 Modalidade: Teleformación
🔹 Duración: 60 horas
🔹 Prazas: 300 en total, distribuídas en 3 edicións de 100 prazas (T01, T02 e T03).
🔹 Inicio: 15 de setembro de 2026
🔹 Finalización: 13 de novembro de 2026
🔹 Exame final: 13 de novembro de 2026, ás 10:00 horas, en liña.

👥 QUEN PODE PARTICIPAR?

Entre outras persoas, poderá participar o persoal empregado público, así como traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, delegados/as de prevención, traballadores/as designados/as, empresarios/as que asuman funcións preventivas e persoas interesadas no ámbito da prevención de riscos laborais.

📢 Resérvase o 50 % das prazas ao persoal empregado público.

Terán prioridade na selección os/as delegados/as de prevención, traballadores/as designados/as e empresarios/as que asuman funcións de prevención, sempre que acrediten esta condición dentro do prazo establecido.

📅 PRAZO DE SOLICITUDES

🗓️ Do 17 ao 27 de agosto de 2026.

A matrícula realizarase exclusivamente de forma telemática a través da páxina da EGAP:

👉 https://egap.xunta.gal/matricula

O formulario estará dispoñible desde as 09:00 horas do 17 de agosto ata as 23:55 horas do 27 de agosto.

⚠️ IMPORTANTE: as prazas asignaranse, unha vez cumpridos os requisitos e prioridades establecidos na convocatoria, por orde de inscrición ata esgotar as prazas.

🎓 CERTIFICACIÓN

Para obter o certificado de aproveitamento será necesario realizar correctamente as actividades obrigatorias e superar a proba de avaliación final.

Na proba será necesario acertar, como mínimo, o 50 % das preguntas, sen penalización polas respostas incorrectas.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!

FEITOS, non palabras

COMDIX: PUBLICADA NO DOGA A CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO COMDIX NIVEL INICIACIÓN E INTERMEDIO

No DOG de hoxe 18 de xuño de 2026 publicouse a Resolución do 11 de xuño de 2026 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) nos seus niveis de iniciación e intermedio.

Accede á RESOLUCIÓN do DOGA

Poderá participar nas probas para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación e intermedio (ComDix-Iniciación) e (ComDix-Intermedio), convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado a Administración de xustiza de Galicia, así como doutras administracións indicadas na convocatoria,  que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teñaconcedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Para a preparación destas probas para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-Iniciación),e nivel intermedio (ComDix-Intermedio), a EGAP porá á disposición das persoas usuarias, como material de apoio, un programa de autoformación específico que inclúe o itinerario formativo completo do nivel respectivo.

O persoal indicado anteriomente mencionado poderá acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>

A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 29 de xuño de 2026, podendo acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2026. As persoas participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.

Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada nesta convocatoria.

Datas e lugares de realización da proba para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación e nivel intermedio (ComDix-Iniciación) e (ComDix‑Intermedio)

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de xuño de 2026 mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

                                              Calendario das probas 

Sigue leyendo

EGAP: CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTÍNUA

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional (tamén para a Administración de Xustiza).

⚠️⚠️ Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG ata o 🗓️ 11 de xuño de 2026.

🔴 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a catro.

📣📣 Cursos ofertados: Os relacionados no ANEXO II 👉 que teñan como destinatario ó persoal da Administración de xustiza.

▪️ Amplía información: ⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260604/AnuncioO150-260526-0001_gl.html
🔗 Pdf https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:dcd85f57-d6b2-48d0-a50e-321f10561439

EGAP – Actividades de formación contínua en materia de igualdad y violencia de género

RESOLUCIÓN de 10 de abril de 2026 por la que se convocan las actividades de formación continua en materia de igualdad y violencia de género.

👉 PRAZO:  O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 28 de abril de 2026

🔴AS SOLICITUDES:  As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización

🔴 O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

🔴Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades.

PARA ACCEDER A INFORMACIÓN:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260422/AnuncioO150-090426-0002_gl.html