Archivo diario: 13/03/2023

IMPORTANTE – INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 9/3/2023

spjinforma

Accede á CIRCULAR da MESA SECTORIAL de 9-3-22

Formación de formadores – FORMACIÓN RETRIBUÍDA DOS NOVOS COMPAÑEIROS (Outra reivindicación conseguida por SPJ-USO)

Conforme á solicitude histórica de SPJ-USO, ó fin conseguimos que a DXX retribuía a formación dos compañeiros que tomen posesión nun novo destino (sexan titulares ou interinos) mediante prolongacións de xornada voluntarias por un mes prorrogable a 2 meses con preferencia no mesmo xulgado….e a solicitude do letrado (baseada na chegada de funcionarios sen experiencia, etc….). A DXX estudiará as solicitudes. Preferencia no propio órgano, en principio.

CONCURSO DE TRASLADOS 2022 – GALICIA

A DXX infórmanos que en Galicia quedaron 93 prazas VACANTES/DESERTAS sen cubrir no concurso 2022 ( 23 XESTIÓN, 26 CTPA, 44 AUXILIO).

O “saldo de funcionarios é favorable dado que vanse fóra 10 funcionarios e veñen 39 de fóra.

A solicitude de SPJ-USO procederase á convocatoria urxente de comisións de servizo ou substitucións segundo corresponda con anterioridade incluso á data na que a praza quede efectivamente desocupada.

A DXX comprométese a negociar de novo e publicar formalmente novos criterios de cese para próximos concursos.

De momento seguen os criterios establecidos para anteriores concursos de traslados, xunto coa instrucción publicada e a normativa de interinos.

CARREIRA PROFESIONAL – GRADO ORDINARIO E COBRO DE GRADO 2 DE XESTORES E FORENSES

SPJ-USO solicitou a negociación urxente da apertura do grao Ordinario de Carreira profesional. Están pendentes dos avances na función pública galega neste tema.

Por outra banda, a DXX confírmanos que na próxima nómina de MARZO, COBRARÁNSE OS ATRASOS DO GRADO 2 DE XESTORES E FORENSES, así como procederáse á actualización en nómina do dito grado 2 ós funcionarios que corresponda. De non ser posible na nómina de marzo (cren que si), sería na de ABRIL.

SOLUCIÓN Á PROBLEMÁTICA DOS XULGADOS DE VIOLENCIA – A DXX VENDEUNOS UN CARAMELO QUE NON TEMOS!!!

A DXX propon instar á Comisión Mixta a modificación das normas de reparto para que os detidos de Violencia pasen ó Xulgado de Violencia a mais tardar ás 12:00 horas. Dende SPJ-USO creemos que esta proposta excede as competencias da DXX e non soluciona en absoluto a problemática.

Respecto á CREACIÓN DE NOVOS ÓRGANOS XUDICIAIS COMARCALIZADOS ESPECÍFICOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NAS 7 CIDADES, a realidade é que é probable que se soliciten ó Ministerio os 5 como informou a Xunta, pero sólo prevén de feito a aprobación do Xulgado de Violencia de Xénero exclusivo de Santiago de Compostela, que tería xurisdicción sobre Santiago, Ribeira, Padrón, Noia e Negreira.

Dende SPJ-USO solicitamos unha visión global da problemática de violencia e gardas específicas de violencia. SPJ propón como solución inmediata varias prolongacións de xornada semanais (non mensuais) en cada xulgado de violencia das ciudades, e unha nos pobos, así como unha compensación económica (incremento del complemento) e horaria para os funcionarios destes órganos..

CALENDARIO LABORAL. Convocaranse mesas de traballo para negociar a nova regulación do calendario laboral, xa con vistas ó ano 2024.

NOVA BOLSA DE INTERINOS MÉDICOS FORENSES: Convocaranse mesas de traballo para tratar o tema. Pídennos alegacións e propostas por escrito previas á convocatoria das mesmas, e coméntannos a posibilidade de negociar “LISTAS ABERTAS” nas ditas mesas.

INSTALACIÓN DE MÁQUINAS VENDING NAS 7 GRANDES CIDADES GALEGAS: Comezarase próximamente coa instalación das mesmas.

Acceso ó Expediente electrónico por parte dos profesionais: Vaise facer unha “proba piloto” na cidade de Ourense con un procurador no Xulgado de Instancia 7.

PONTEVEDRA – OBRAS NO EDIFICIO VELLO DE A PARDA: Vaise proceder á inmediata licitación das obras pendentes (Xulgado de Garda, Decanato e Imelga).

PORTÁTILES PARA TELETRABALLO: Pendentes de reparto, vano falar con Amtega e seguen sen ter criterios establecidos.

DICIREG: HABERÁ FORMACIÓN PRESENCIAL PARA DICIREG en tódolos partidos xudiciais galegos, incluídas por suposto as Vilas.

SEDE DE EXAME EN GALICIA DA OPOSICIÓN LIBRE: A sede será en SANTIAGO DE COMPOSTELA, concretamente nas FACULTADES DE DEREITO E POLÍTICAS.

INMEDIATA PUBLICACIÓN DO PROTOCOLO DE ACOSO LABORAL

Prevese a inmediata publicación do protocolo de acoso, ó fin, unha vez foi aprobado na mesa sectorial. Será o Comité de Intervención o encargado de decidir se as solicitudes de acoso que se presenten. cumpren ou non os requisitos. Seguidamente procederase á elaboración dun PROTOCOLO POR ACOSO SEXUAL.

LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA E LEI DE EFICIENCIA PROCESAL: A DXX comunica que se prevé a aprobación da LEY DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA no mes de ABRIL, e da LEY DE EFICIENCIA PROCESAL no mes de XUÑO, aínda que tamén recoñece que “O MINISTERIO PREVÉ RETRASOS…”

PLAN RECUPERACIÓN COMO CONSECUENCIA DA FOLGA DE LAJ: A DXX confírmanos que unha vez remate a folga haberá un plan de recuperación para tódolos traballadores (Xuices, Laj, Xestores, Tramitadores e Auxilios), que deberá ser financiado polo Ministerio de Xustiza.

Accede á CIRCULAR da MESA SECTORIAL de 9-3-22

MUGEJU: INTERVENCIÓN TÉCNICA MAÑANA 14 DE MARZO

Recordamos que mañana martes, 14 de marzo, se va a realizar una intervención técnica para el mantenimiento de los sistemas de información de la MUGEJU.

Por esta razón, no se podrán utilizar los servicios al mutualista en la sede electrónica de la Mutualidad.

Tampoco se podrán realizar operaciones desde las oficinas de atención presencial (por ejemplo: visados de recetas).

Todos los servicios volverán a funcionar con normalidad el miércoles 15 de marzo.

Accede a la comunicación de la MUGEJU