Archivos de la categoría ACCIÓN SOCIAL

ACCIÓN SOCIAL 2026: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS – DOGA- LUNS 14/9/26

ACCIÓN SOCIAL 2026: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS – DOGA 🗓️ LUNS 14/9/26‼️

ℹ️➡️ A DXX informa que a publicación da «Resolución do 04 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2026 para o persoal ao servizo da administración de xustiza con destino na comunidade autónoma de Galicia» está prevista para o 🗓️ LUNS 14/09/2026.

⚠️⚠️ Lembrade que dende o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

🪙🪙 A data de pagamento, como todos os anos, será posiblemente o longo do mes de outubro.

😡😡 Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, outro ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.

👉 Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

⛔⛔ POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

▪️ Para calquer dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

ACCIÓN SOCIAL 2026: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

 

ACCIÓN SOCIAL 2026: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Hoxe día 3 de setiembre de 2026 mantivemos reunión coa DXX na cal déusenos a coñecer os datos das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2026.

🔴Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTAS: 143 das cales, 121 son solicitudes simples e 21 dobres e 1 triple.

NÚMERO TOTAL DE BENEFICIARIOS: 166

SOLICITUDES ADMITIDAS PROVISIONALMENTE: 122 que corresponden a 142 beneficiarios. 

SOLICITUDES DENEGADAS: 19 as cales corresponden a 20 beneficiarios.

Asimesmo, a DXX infórmanos de que  ao longo do mes de setembro será remitido ó DOG para a súa publicación. Lembrade que dende o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

A data de pagamento, como todos os anos,  será o longo do mes de outubro.

Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

Para calquer dúbida ou aclaración non dubides en contactar c@s delegad@s sindicais de SPJ-USO._

SPJ-USO: _Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!_ 

        FEITOS, _non palabras!!!_

ACCIÓN SOCIAL 2026

A DXX CONVOCA REUNIÓN PARA A CELEBRACIÓN, A TRAVÉS DO SISTEMA DE VIDEOCONFERENCIA, DA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL, NA DA TA E HORA QUE SE INDICA:

Data: 03/09/2026             Hora: 09:00h.

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.

2. Listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2026.

PUBLICADA NO DOGA DE HOXE LUNS 18/5 A CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2026 ➖ programa de discapacidade

📢🔊 PUBLICADA NO DOGA DE HOXE LUNS 18/5 A CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2026 ➖ programa de discapacidade!!!
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260518/AnuncioG0759-060526-0002_gl.html

⚠️⚠️ PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 DIAS HÁBILES – ATA O 🗓️ 8 DE XUÑO.

📣📣 Solicitude e formas de presentación: Obrigatoriamente a solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.

🔴 TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS:
Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33% que reúnan os requisitos establecidos e os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos apartados anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33%.

⛔⛔ Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento a esta «acción social recortada» e instamos de novo á DXX que se recollan e inclúan as alegacións feitas por este sindicato:
⚫ A reposición dos programas existentes antes do ano 2011, é dicir:
☑️ AXUDA POR FILLOS
☑️ AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS
☑️ A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER O KRON.
☑️ E POR SUPOSTO, MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.
E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade pouco mais de 20.000 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.

▪️ Amplía información: ⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260518/AnuncioG0759-060526-0002_gl.html

📣 SPJ-USO SEGUIRA LOITANDO POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!

ACCIÓN SOCIAL: PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA O 🗓️ 18/5/26

ℹ️➡️ A DXX informa que a publicación da «RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia» está prevista para o 🗓️ 18/05/2026.

⛔⛔ Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.

🔥 Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

📣 SPJ-USO: FIN ÓS RECORTES NA ACCIÓN SOCIAL XA!!! POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

▪️ Manterémosvos puntualmente informados.