A DXX infórmanos de que xurdido un imprevisto a mesa sectorial prevista para o 24 de novembro será o 2 de decembro de 2026.
Nos próximos días remitirase a convocatoria e a documentación asociada.
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.
A DXX infórmanos de que xurdido un imprevisto a mesa sectorial prevista para o 24 de novembro será o 2 de decembro de 2026.
Nos próximos días remitirase a convocatoria e a documentación asociada.
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.
Comentarios desactivados en ADIAMENTO DA MESA SECTORIAL DO 24-11-26 ao 02-12-26!!
Publicado en MESA SECTORIAL, SPJ INFORMA
MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA 10-11-26 – PORTAZO ÓS NOSOS DEREITOS!!!Tras meses sen que a DXX dese a cara, a presión sindical logrou que, ó fin este martes 10/11 se convocase mesa sectorial de xustiza, que continuará o vindeiro 24 de novembro dada a importancia e extensión dos temas a tratar e a falta de tempo que impediu tratar múltiples temas da orde do dia. Botamos en falta na orde do día a CREACIÓN DE EQUIPOS ESTRUCTURAIS en tódolos Tribunais, mais seguiremos solicitando a súa creación, como así fixemos na Mesa Sectorial, manifestando o DXX que “está en desacordo coa sua creación” e que “non ten a obriga de crealos”; o anterior conforme ó famoso acordó da Paz Social firmado por algunhas OOSS.
SPJ-USO non se cansará de demandar equipos estructurais por Ordes Xurisdiccionais nas 7 grandes ciudades, así como no SCXeral, e tamén nos Tribunais de Instancia de 2 ou mais prazas.
A mesa comezou con horas de retraso, e avanzouse non seguintes temas: prazo de desfrute de asuntos e vacacións 2026, Orzamentos 2027 e novas prazas, Atenea e pouco mais.
Comezou o DXX cunha introducción a tódolos puntos da orde do dia, explicando sucintamente as suas propostas e posturas. Detallamos os puntos tratados.
DEBEMOS RECOÑECER A VALENTÍA DO DXX PARA TRAER ESTA PROPOSTA “RIDÍCULA” Á MESA!!
Accede á circular informativa íntegra; PREME: Accede á circular informativa íntegra CIRCULAR MESA SECTORIAL 10-11
Comentarios desactivados en IMPORTANTE – MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA 10-11-26 – PORTAZO ÓS NOSOS DEREITOS!!!
Publicado en CALENDARIOS LABORAL E GARDAS, CARREIRA PROFESIONAL, CONCURSO DE TRASLADOS, DENUNCIA, FORENSES, LEI DE EFICIENCIA, MESA SECTORIAL, MODERNIZACIÓN XUSTICIA GALICIA, TELETRABALLO GALICIA, VIOLENCIA SOBRE A MULLER, XORNADA E HORARIO, XORNADA E HORARIO NA XUSTIZA GALEGA
A presión conxunta exercida polos sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO logrou que a Dirección Xeral de Xustiza modifique o horario (adiántase o inicio) e inclúa o teletraballo na orde do día da mesa sectorial.Comentarios desactivados en ÚLTIMA HORA MESA SECTORIAL: O TELETRABALLO SERÁ PUNTO OFICIAL DA ORDE DO DÍA
Publicado en MESA SECTORIAL, SPJ INFORMA
Comentarios desactivados en COMUNICADO CONXUNTO SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF E COO SOBRE A MESA SECTORIAL DO 10 DE NOVEMBRO
Publicado en MESA SECTORIAL
Ante a convocatoria da vindeira mesa sectorial sinalada para o 10 de novembro, desde SPJ-USO solicitamos que se inclúan de xeito urxente para o seu debate e negociación os seguintes puntos:
Implantación e regulación do TELETRABALLO.
Creación de EQUIPOS ESTRUTURAIS.
Consideramos que ambas as dúas cuestións son de vital importancia para os dereitos do persoal, polo que resulta imprescindible a súa abordaxe nesta mesma sesión.
Dende SPJ-USO valoramos a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde que viñamos demandando dende hai meses, incluíndo na orde do día algo tan importante como o gas radón.
Igualmente, agradecemos a inclusión na orde do día da Mesa Sectorial de puntos que viñamos solicitando nos últimos tempos, como son:
1.- A ampliación do prazo de desfrute de asuntos particulares e vacacións de 2026 ata o 31/3/27.
2.-Ou a negociación da convocatoria de nova apertura extraordinaria do grao de carreira profesional.
3.-Entre outras cuestións, como as gardas de 24 horas do Imelga, a modificación das RPT con creación de prazas (aínda que non sabemos en qué termos….) ou a negociación da comarcalización de VSM de Pontevedra, Vigo e Lugo.
Mais, en todo caso, a inclusión do TELETRABALLO e da creación de EQUIPOS ESTRUTURAIS son puntos imprescindible para SPJ-USO.
Por iso, esiximos a inclusión inmediata de ambas as dúas cuestións na orde do día da Mesa Sectorial convocada para o vindeiro martes día 10.
Comentarios desactivados en SPJ-USO SOLICITA FORMALMENTE A AMPLIACIÓN DA ORDE DO DÍA CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL PREVISTA PARA O VINDEIRO MARTES DÍA 10 DE NOVEMBRO
Publicado en MESA SECTORIAL, SPJ INFORMA