Archivos de la categoría FOLGA NA XUSTIZA GALEGA

SPJ-USO SOLICITA DE MANEIRA URXENTE COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 23 DE MAIO DE 2018

IMPORTANTE

SPJ USO SOLICITA  A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DO 23 DE MAIO DE 20218 PARA O INICIO DA REVISIÓN DO COMPLEMENTO AUTÓNÓMICO TRANSITORIO/ COMPLEMENTO ESPECÍFICO na Xustiza Galega.

ℹ️➡️ PRIMEIRO.- O 23 de maio de 2018, SPJ-USO como sindicato maioritario na Administración de Xustiza en Galicia, alcanzou un acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que tamén foi asinado por UGT e CC.OO, para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

🔴  SEGUNDO.- Este acordo, entre outros puntos, incluía no seu punto 1, o aumento do complemento autonómico transitorio e complemento específico no seu caso, que sería revisado anualmente no terceiro trimestre de cada ano, coa finalidade de garantir que os traballadores da Administración de xustiza de Galicia manteñan unha posición por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de xustiza, no que aos complementos retributivos de determinación autónomo se refire.

👉  TERCEIRO.- Nas últimas semanas nos distintos ámbitos territoriais da Administración de Xustiza, estanse a desenvolver e pechando diversas negociacións que están afectando tanto á xestión ordinaria deste servizo público, ás condicións do persoal alí destinado, así como ao incremento do complemento específico ou concepto retributivo equivalente do persoal ao servizo da Administración de xustiza e que van a facer que as cantidades que se están percibindo polo CAT e Complemento Específico polos funcionarios de xustiza de Galicia, volvan a quedar por debaixo da media á que se refire a nosa cláusula de revisión.

📣 CUARTO.- SPJ-USO, neste contexto de negociación nos distintos ámbitos territoriais, así como no contexto lexislativo actual de transformación da Administración de xustiza, que culminará coa aprobación nos próximos meses da Lei de medidas de eficiencia procesual do servicio público de xustiza, considera urxente a convocatoria da Comisión de seguimento do Acordo do 23 de maio de 2018 para a negociación dun incremento do Complemento autonómico transitorio e complemento específico que se adapte ás funcións e responsabilidades do persoal da Administración de xustiza.

📢🔊  Polo tanto,  SOLICITAMOS: ⤵️⤵️
A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DO 23 DE MAIO DE 20218 PARA O INICIO DA REVISIÓN DO COMPLEMENTO AUTÓNÓMICO TRANSITORIO E ESPECÍFICO CONFORME O PUNTO 1 DO ACORDO DE 28 DE MAIO DE 2018.

VER ESCRITO PRESENTADO E XUSTIFICANTE ⤵️⤵️

Escrito SOLICITAMOS COMISION DE SEGUIMENTO_signed_

Justificante-PR004A-20240422 Solicitud-PR004A-20240422

ACORDO XUSTIZA EN GALICIA: REVISIÓN DO COMPLEMENTO RETRIBUTIVO EN MATERIA DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER

A DXX ven de comunicar a activación da cláusula 6.C do acordo asinado por SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia  polo que o persoal funcionario que tivese o seu destino nos centros de traballo con competencias en materia de violencia sobre a muller percibirá un complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual.

Como novidade para o ano 2024 incorpóranse ó cobro deste complemento o persoal dos xulgados de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis  e o de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes.

Tamén nos informa que deixa de cumprir este requisito, finalizando a asignación, con data do 31.12.2023 o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Verín. 

Aquí vos deixamos o texto íntegro da devandita comunicación:

El adelanto de elecciones «mata» los tres proyectos de ley de eficiencia de la Justicia ahora en el Parlamento

🔴 LEY DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA: Al disolverse las Cortes Generales decae la tramitación de todas las iniciativas legislativas, por consiguiente la tramitación de la LOEO ya no puede aprobarse, ese proyecto ya no existe, que era uno de los objetivos.

Cuando un gobierno convoca nuevas elecciones, ya sean anticipadas o en su tiempo, los proyectos de ley que no han visto la luz decáen, mueren. El futuro gobierno que salga de las urnas tendrá que decidir si las recuperan o no, en otra forma.

La decisión de adelantar las elecciones generales al 23 de julio, tomada por el presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, tras la debacle del PSOE y de sus socios parlamentarios en los comicios municipales y autonómicos celebrados ayer, «mata» el Plan Justicia 2030, cuya implementación había sido pensada para un periodo de 10 años.

Esto quiere decir que los tres proyectos de Ley que sustentan dicho Plan, ahora en el Parlamento -la Ley Orgánica de Eficiencia Organizativa (LOEO), la Ley de Eficiencia Procesal y la Ley de Eficiencia Digital-, decaerán -«morirán»- con el fin de esta Legislatura, acortada cinco meses por Sánchez.

Sigue leyendo

INSTRUCIÓNS ESPECÍFICAS DA DXX RESPECTO DA VINDEIRA FOLGA

 

Resolución do Director Xeral de Xustiza pola que se establecen instrucións específicas respecto a designación do persoal encargado de realizar os servizos  mínimos, control e seguimento da folga indefiniDa convocada dende o próximo día 17 de abril de 2023, con paros paciais de 10 a 13 horas todos os días de luns a venres, salvo festivos e exceptuando o día 19 de abirl de 2023 que se inciará a partir das 00.00 e finalizará ás 23.59 horas dese mesmo día no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia.

1° Información para o persoal que secunde a folga:

Non existe deber de comunicar, en ningún momento, a opción de secundar a folga. Con todo, e aos únicos efectos de realizar un adecuado seguimento desta, infórmase que o control realizarase a través da plataforma KRONOS, onde o persoal funcionario que secunde a folga deberá rexistrar as 10 h a saída, sexa ou non efectiva, e de novo, as 13 h, a entrada, para os días de paro parcial.

Para os días de paro de xornada completa, bastará con non fichar a entrada.

Periódicamente esta información será remitida aos letrados e letradas de cada unidade xudicial, subdirectores/as do IMELGA, e responsables da Fiscalía, no seu caso, para verificar a información que trastada o sistema de control horario, para poder dirimir aqueles casos nos que se secundara a folga que non foran rexistrados a través do sistema kronos.

A estes efectos, o persoal funcionario chamado a folga que non rexistre estas paradas parciais ou que fiche con normalidade o día do paro completo, entenderase que non secunda a folga.

O persoal que por diversas razóns non teña acceso nestes días ao sistema de control horario deberá poñelo en coñecemento da subdirección xeral de persoaL a través do seguinte correo electrónico xuridico. rrll.xustiza@xunta. gal.

2° Establecemento de servizos mínimos:

Para facer efectiva a designación do persoal funcionario que debe prestar os servizos mínimos sinalados na Orde do 12 de abril de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 17 de abril de 2023 nos centros de traballo da Administración de Xustiza de Galicia, seguiranse os seguintes criterios:

1. Cando haxa máis dunha persoa do correspondente corpo, así como no resto de supostos, para a designación das persoas encargadas de facer os servizos mínimos, seguirase un criterio de orde alfabética do primeiro apelido do persoal funcionario, comezando pola letra «V».

2. Esa persoa designada terá como persoal substituto/a, a seguinte persoa á que lle correspondería segundo o establecido no punto anterior, e así sucesivamente, salvo o establecido no punto 3.

3. No caso dos auxilios compartidos entre órganos ou seccións, corresponderalle ao funcionario/a de auxilio de cada sección ou xulgado con numeración par en primeiro lugar, despois o impar, seguido do criterio da orde alfabética.

Así mesmo, en relación á organización do servizo:

A persoa nomeada substituta será a persoa designada encargada de facer os servizos mínimos na seguinte semana e así sucesivamente.

Os servizos mínimos serán establecidos con periodicidade semanal, de martes a martes.  A primeira quenda, ao caer o primeiro día da folga en luns, será do luns 17 ao luns 25 de abril.

No caso de ausencias xustificadas do posto de traballo, a persoa designada será suplida pota seguinte persoa á que lie toque ser servizo mínimo.

Nestes casos, esta suplencia non implicará cambios respecto da semana na que lle corresponda exercer como servizo mínimo.

Recordase que tal e como establece a Orde do 12 de abril, os servizos mínimos serán prestados en todo caso de forma presencial.

VER NOTA PUBLICADA NA INTRANET ⤵⤵

INSTRUCIÓNS DXX FOLGA 2023

 

SERVIZOS MINIMOS ANTE A CONVOCATORIA DE FOLGA INDEFINIDA A PARTIR DO 17 DE ABRIL

ORDE do 12 de abril de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia a partir do día 17 de abril de 2023.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230414/AnuncioV0654-110423-0002_es.html

🔴 As organizacións sindicais STAJ, UGT, CC.OO. e CSIF e a organización sindical SPJ-USO presentaron comunicación previa de folga no sector da xustiza.

🔴 A convocatoria de folga, que afectará o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que se iniciará o vindeiro día 17 de abril de 2023 e que se estenderá desde a dita data con carácter indefinido en todos os centros de traballo da Administración de xustiza en Galicia, con paros parciais das 10.00 ás 13.00 horas todos os días, de luns a venres, salvo festivos e exceptuando o día 19 de abril de 2023, en que se iniciará a partir das 00.00 horas e finalizará ás 23.59 horas dese mesmo día, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen no anexo.

📣👉 Estes servizos mínimos, especificados no anexo, serán prestados en todo caso de forma presencial.

🔴 En Galicia non se establece limitación algunha respecto ó desfrute de asuntos particulares e vacacións durante a folga.

SERVIZOS MÍNIMOS EN CADA ÓRGANO A PRESTAR PRESENCIALMENTE 

🔴 Audiencias provinciais

2.1. Seccións civís das audiencias provinciais

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada unha das respectivas seccións, e 1 funcionario/a de auxilio por cada 2 seccións ou fracción.

2.2. Seccións penais e mixtas das audiencias provinciais

– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio por cada unha das respectivas seccións.

2.3. Oficinas de rexistro e repartición das audiencias provinciais

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.

🔴 Xulgados que actúen de garda

Terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.

🔴 Rexistros civís exclusivos

– 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para a sección de defuncións, e 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para o resto das funcións do rexistro.

🔴 Xulgados de primeira instancia

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de familia, 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.

– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de rexistro civil, 1 xestor/a e 1 tramitador/a.

🔴 Xulgados do mercantil (exclusivos)

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

🔴 Xulgados de instrución

– Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.

– No resto de xulgados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

– Nos xulgados con competencias en materia de violencia sobre a muller a dotación será: 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.

🔴 Xulgados do penal

– 1 xestor/a e 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

🔴 Xulgado de menores

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.

🔴 Xulgados do contencioso-administrativo

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

🔴 Xulgados do social

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

🔴 Xulgado de vixilancia penitenciaria

– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.

🔴 Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller

– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.

🔴 Xulgados de primeira instancia e instrución de cada localidade

Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.

No resto do xulgados:

– En localidades con 2 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio compartido co xulgado de garda.

– En localidades con 3 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio compartido para os 2 xulgados que non estean de garda.

– En localidades con 4 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio para os 3 xulgados que non estean de garda.

🔴 Oficinas de rexistro e repartición dos decanatos

– A Coruña e Vigo: 3 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.

– Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra: 2 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.

– Ferrol e Lugo: 1 de xestión ou 1 de tramitación, e 1 auxilio.

– Nos decanatos dos xulgados de primeira instancia e instrución que realizan as ditas funcións: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

🔴 Servizos comúns de atención á cidadanía e á vítima

– 1 de xestión ou 1 de tramitación

🔴 Servizos comúns de actos de comunicación e execución

– 1 de xestión, 1 de tramitación e 1 auxilio.

🔴 Fiscalías

Ademais do persoal que lle corresponda ao servizo de garda:

– Fiscalía da Comunidade Autónoma: 1 xestor/a ou tramitador/a, e 1 auxilio.

– Fiscalías provinciais: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio e, a maiores, 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para a Fiscalía de Menores.

– Fiscalías de área: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio.

– Seccións territoriais da Fiscalía: 1 funcionario/a.

🔴 Instituto de Medicina Legal de Galicia

– En cada subdirección do Imelga: o equipo do persoal que presta o servizo de garda e 1 tramitador/a.

🔴 Xulgados de paz

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

🔴 Tribunal Superior de Xustiza

1.1. Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas seccións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.

1.2. Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas seccións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.

1.3. Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.

1.4. Oficina de Rexistro e Repartición do Tribunal Superior de Xustiza

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.

1.5. Secretaría de Goberno

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

amplia información: ⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230414/AnuncioV0654-110423-0002_gl.html