Archivos de la categoría CONCURSO DE TRASLADOS

IMPORTANTE – MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA 10-11-26 – PORTAZO ÓS NOSOS DEREITOS!!!

spjinformaMESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA 10-11-26 – PORTAZO ÓS NOSOS DEREITOS!!!

Tras meses sen que a DXX dese a cara, a presión sindical logrou que, ó fin este martes 10/11 se convocase mesa sectorial de xustiza, que continuará o vindeiro 24 de novembro dada a importancia e extensión dos temas a tratar e a falta de tempo que impediu tratar múltiples temas da orde do dia. Botamos en falta na orde do día a CREACIÓN DE EQUIPOS ESTRUCTURAIS en tódolos Tribunais, mais seguiremos solicitando a súa creación, como así fixemos na Mesa Sectorial, manifestando o DXX que “está en desacordo coa sua creación” e que “non ten a obriga de crealos”; o anterior conforme ó famoso acordó da Paz Social firmado por algunhas OOSS.

SPJ-USO non se cansará de demandar equipos estructurais por Ordes Xurisdiccionais nas 7 grandes ciudades, así como no SCXeral, e tamén nos Tribunais de Instancia de 2 ou mais prazas.

A mesa comezou con horas de retraso, e avanzouse non seguintes temas: prazo de desfrute de asuntos e vacacións 2026, Orzamentos 2027 e novas prazas, Atenea e pouco mais.

Comezou o DXX cunha introducción a tódolos puntos da orde do dia, explicando sucintamente as suas propostas e posturas. Detallamos os puntos tratados.

  • SPJ-USO (ÚNICO SINDICATO QUE O SOLICITOU) LOGRA A AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE ASUNTOS P. E VACACIÓNS 2026 ATA O 31-3-2027
  • ORZAMENTOS 2027 – CREACIÓN DE PRAZAS E MODIFICACIÓN DAS RPT.

    DEBEMOS RECOÑECER A VALENTÍA DO DXX PARA TRAER ESTA PROPOSTA “RIDÍCULA” Á MESA!!

  • ATENEA – Ó FIN A DXX FALA DE ATENEA – PRIMEIRO IMPLANTAMOS, logo INFORMAMOS…. E DA FORMACIÓN PRESENCIAL IREMOS VENDO… (CAOS!!!)
  • TELETRABALLO – O DITO POLO DXX NON TEN DERPERDICIO!!!O TELETRABALLO É UN DEREITO, E COMO TAL DEBE REGULARSE XA!!!
  • CARREIRA PROFESIONAL – NOVA CONVOCATORIA SOLICITADA POR SPJ-USO PARA PERSOAL QUE NON ACCEDEU A GRAO EN 2024 OU 2025.   Tema a tratar na vindeira mesa do 24/11. Remitiremos alegacións por escrito.
  • RESOLUCIÓN HORARIO 35 HORAS E CALENDARIO LABORAL 2027.   Tema a tratar na vindeira mesa do 24/11. Remitiremos alegacións por escrito.
  • COMARCALIZACIÓN DAS SECCIÓNS DE VSM DE VIGO, PONTEVEDRA E LUGO.  Está case todo por decidir…
  • GARDAS DE 24 HORAS DO IMELGA – A PRESIÓN SINDICAL E DOS FORENSES LOGRA UN AVANCE “TARDIÓ E INCOMPLETO” dunha VELLA REIVINDICAICÓN.O DEREITO Ó DESCANSO E Á CONCILIACIÓN SÓLO SE NEGA EN GALICIA, ÚNICA CCAA SEN GARDAS DE 24 HORAS!!!  Tema a tratar na vindeira mesa do 24/11. Remitiremos alegacións por escrito.
  • CONCURSO DE TRASLADOS
  • PRAZAS OFERTADAS EN GALICIA Á OEP 2023

Accede á circular informativa íntegra; PREME:   Accede á circular informativa íntegra CIRCULAR MESA SECTORIAL 10-11

 

ÚLTIMA HORA CONCURSO DE TRASLADOS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO!!!

A pregunta de SPJ-USO na mesa Sectorial  de Xustiza de 10-11-26 o DXX  confirma:

Que non lle foron solicitadas ata o momento as prazas do Concurso de Traslados de corpos xerais por parte do Ministerio de Xustiza.

📣📣 Por outra banda, no día de hoxe o Ministerio de Xustiza informa “estar traballando no concurso”, pero din que non poden dar datas…..

▪️ Amplíaremos a información.

📢🔊 ☑️ CONCURSO DE TRASLADOS, ☑️ PRAZAS PARA OS APROBADOS DA OEP 2023, ☑️ QUENDA DE RESERVA DE DISCAPACIDADE, ☑️ LISTAS COMPLEMENTARIAS E ☑️ CARREIRA PROFESIONAL: ❌ SEGUIMOS COA PAZ SOCIAL ASINADA POR STAJ, CSIF, UGT E CIG‼️

ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza segue a rirse dos traballadores e os sindicatos firmantes do acordo de 8-1-2025 que permitiu a implantación da lei de eficiencia seguen a facer gala da dita PAZ SOCIAL.

⚠️⚠️ Mentres SPJ-USO e outras organizacións sindicais seguimos reclamando a convocatoria inmediata do Concurso de Traslados e a oferta de prazas ás persoas aprobadas da OEP 2023, o Ministerio de Xustiza continúa sen dar respostas nin solucións.

🔴 CONCURSO DE TRASLADOS: o Ministerio di que, polo de agora, non pode confirmar nada. A realidade é que nin sequera solicitou as prazas ás CCAA para a súa posterior oferta.

🔴 APROBADOS DA OEP 2023: tampouco pode confirmar cando se ofertarán as prazas.

🔴 CARREIRA PROFESIONAL ESTATAL: falan dunha nova reunión, pero todo apunta a que, unha vez máis, non haberá avances. O Ministerio segue gañando tempo mentres os compromisos continúan sen cumprirse.

🔴 LISTAS COMPLEMENTARIAS E QUENDA DE RESERVA DE DISCAPACIDADE: seguimos á espera de respostas e solucións.

⛔⛔ É INTOLERABLE A ACTITUDE DO MINISTERIO E O SEGUIDISMO DOS SINDICATOS ASINANTES DO ACORDO! BASTA XA!

🤝🤝 O 8 de xaneiro de 2025, STAJ, CSIF, UGT e CIG asinaron un acordo que permitiu a implantación da Lei de Eficiencia en nome da chamada PAZ SOCIAL, comprometéndose, entre outras cuestións, a impulsar a Carreira Profesional estatal.

👉 Hoxe, os feitos falan por si sós, e a pesar do cheque en branco firmado por os catro sindicatos que permitían unha negociación e implantación pacífica dos Tribunais de Instancia para o Ministerio e CCAA transferidas, aqueles puntos positivos que contiña o acordo, como a Carreira Profesional estatal, están sendo sistemáticamente ignorados polo Ministerio de Xustiza
❌ Sen avances reais na Carreira Profesional.
❌ Sen proposta económica seria.
❌ Sen convocatoria do Concurso de Traslados.
❌ Sen confirmación da oferta de prazas para as persoas aprobadas.

📣📣 E, a pesar dos incumprimentos do Ministerio, os catro sindicatos asinantes continúan respectando esa paz social cunha docilidade incomprensible.

💪 Dende SPJ-USO estamos cada día máis orgullosos da Carreira Profesional galega, da que fomos impulsores e que demostra a importancia de loitar e negociar por melloras reais para o persoal.

✊ SPJ-USO: FEITOS, non palabras; Continuaremos denunciando a incompetencia do Ministerio e reclamando solucións.

▪️ Acceso ao acordo íntegro asinado o 8-1-2025 por Staj, Csif, Ugt e Cig co Ministerio: 🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:cec14d3a-4fbb-4e5c-9570-173d66efb342

ACORDO FIRMADO SINDICATOS STAJ, CSIF, UGT E CIG – LEI DE EFICIENCIA E TRIBUNALES DE INSTANCIA

CONCURSO DE TRASLADOS!!! INFORMACIÓN DE ÚLTIMA HORA e DESMENTIDO DA INFORMACIÓN SINDICAL QUE DI QUE O MINISTERIO REQUERIU ÁS CCAA A RELACIÓN DE PRAZAS!!

ℹ️➡️ Ante a información sindical que indica que o Ministerio de Xustiza concedeu ás Comunidades Autónomas de prazo ata o 31 de outubro para que se lles remitan as prazas dun suposto concurso de Traslados, dende SPJ-USO, e postos en contacto con fontes da DXX no día de hoxe 27-10-2026 ACLARAMOS: 👉 A día da data, 🗓️27-10-26, a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia non foi requerida polo Ministerio para a remisión de prazas de concurso de traslados algún.

📣📣 Dende SPJ-USO, como vos temos informado, estamos a solicitar a inmediata convocatoria do Concurso de Traslados, mais esixiremos unhas garantías e un prazo de remisión de prazas que garanta os dereitos dos traballadores, e das organizacións sindicais a presentar alegacións á relación de prazas, polo que o prazo do 31 de outubro, evidentemente é irreal

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES: OFERTA DE PLAZAS EN GALICIA

Tal como solicitou SPJUSO, a DXX remítenos os postos vacantes que se fertarán na vindeira convocatoria de concurso de traslados ordinario para o corpo de médicos forenses. As prazas a ofertar son as seguintes: