Archivo diario: 16/03/2023

IMPORTANTE – TOMAS DE POSESIÓN NO CONCURSO 2022 NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

📢🔊 SPJ-USO CONSIDERA NON AXUSTADA Á LEGALIDADE VIXENTE A COMUNICACIÓN REMITIDA POLA DXX NO DÍA DE ONTE ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS REFERENTE ÁS TOMAS DE POSESIÓN NO CONCURSO O DÍA 28 DE MARZO POR SER FESTIVO EN VIGO.‼️

🔴👉 SOLICITAMOS QUE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NON SE CONSIDERE DÍA HÁBIL A EFECTOS DO CÓMPUTO DO PRAZO POSESORIO O DÍA 28 DE MARZO, CONFORME Ó DISPOSTO NA LEI DE CÓMPUTO DE PRAZOS‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ SPJ-USO ven de presentar escrito, estando á espera de resposta formal á maior brevidade para evitar perxuizos irreparables conforme solicitamos especialmente ós compañeiros afectados e concretamente ós funcionarios do corpo de Tramitación Procesual e Administrativa adxudicatarios no concurso de traslados 2022.

🔴 Conforme á lei 39/2015 de cómputo de prazos, “cando o último día de un prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte” (os tramitadores que cesan o 23 e toman posesión na mesma localidade están nese suposto) e ó mesmo tempo “cando un día sexa inhábil no municipio da sede do órgano administrativo considerarase inhábil en todo caso”.

📣👉 Ámbalas dúas situacións anteriores son as que se dan en Vigo (sede do órgano administrativo ou Delegación) e polo anterior enténdese, conforme á lei antes mencionada, que o día 28 de marzo non debe computar en ningún caso para o prazo posesorio na provincia de Pontevedra, entendendo que a instrucción da Delegación Territorial remitida no día de onte ás organizacións sindicais referente a tomas de posesión na provincia de Pontevedra o día 28 polo concurso de traslados debe ser rectificada por considerala non axustada á legalidade vixente.

▪️ Solicitamos unha resposta á maior brevidade da que vos informaremos puntualmente.

 

ACLARACIÓNS E PRECISIÓNS IMPORTANTES SOBRE A FORMACIÓN RETRIBUÍDA MEDIANTE PROLONGACIÓN DE XORNADA DOS NOVOS FUNCIONARIOS (TITULARES E INTERINOS)

FEITOS📢🔊 ACLARACIÓNS E PRECISIÓNS IMPORTANTES SOBRE A FORMACIÓN RETRIBUÍDA MEDIANTE PROLONGACIÓN DE XORNADA DOS NOVOS FUNCIONARIOS (TITULARES E INTERINOS)‼️ 

Accede á circular en formato pdf: PROLONGACIÓNS DE XORNADA – FORMACIÓN – Resumo e aclaracións

EGAP: CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO

Hoxe se publica no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan os cursos de Prevención de Riscos Laborais de NIVEL BÁSICO para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 17 ao 27 de marzo de 2023

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

CRITERIOS DE SELECCIÓN: por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <issga.cursoprl@xunta.gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservarase o 50 % das prazas do curso ao persoal empregado público.

DESENVOLVEMENTO:

Nome do curso: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.

Modalidade: Teleformación.

Duración: 60 horas edición.

Edicións: Tres.

Datas: do 18 de abril ao 16 de xuño de 2023.

Proba final: o día 16 de xuño ás 10.00 horas.

A proba final do curso realizarase de xeito telemático a través da aula virtual.

Prazas: 100 por edición.

Enlace á Publicación no DOG