Archivos de la categoría DOG

CELGA 4-OBTENCIÓN CERTIFICADO PROBA EN LIÑA 2026

 

Convocatoria proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 ‼️

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).

☑️ O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será duascentas (200).

☑️ Data de realización da proba: A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

☑️ Presentación de solicitudes: As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes: unha, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa, e outra, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña. A presentación da solicitude a través da sede electrónica da Xunta, https://sede. xunta.gal, realizarase a través do formulario normalizado (anexo I) da convocatoria.

☑️ Prazo: 10 días habiles.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

CONVOCATORIAS DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS NA REDE CEMIT, NOS SEUS NIVEIS DE INICIACIÓN E INTERMEDIO (2º SEMESTRE 2026)

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2026 pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao segundo semestre do ano 2026.

BASES

2. Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas,os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal cunha antelación mínima dun mes respecto da data de inicio das probas.

Sigue leyendo →

PROMOCIÓN INTERNA 2024: ADXUDICACIÓN DE DESTINOS EN GALICIA – XESTIÓN E TRAMITACIÓN

Hoxe, 10 de agosto de 2026, publícanse no DOG as resolucións da Dirección Xeral de Xustiza polas que se adxudican destinos ao persoal que superou os procesos selectivos de promoción interna dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa e Tramitación Procesual e Administrativa, convocados polas Ordes PJC/104/2024 e PJC/150/2024, respectivamente.

📅 PRAZO PARA A TOMA DE POSESIÓN

En ambos os corpos, as persoas ás que se lles adxudicou destino dispoñen dun prazo de 20 días hábiles, contados a partir do 1 de setembro de 2026, para tomar posesión no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

⚠️ Importante para o persoal interino: as persoas funcionarias interinas que estean ocupando actualmente algunha das prazas adxudicadas cesarán o mesmo día no que tome posesión a persoa titular.

🔗 RESOLUCIÓNS NO DOG

👉 Adxudicación de destinos – Xestión Procesual e Administrativa⁠

👉 Adxudicación de destinos – Tramitación Procesual e Administrativa⁠

SPJ-USO, o teu Sindicato de Xustiza.

Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA Galega

FEITOS, non palabras.

PUBLICADAS NO DOG AS FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL DO 2027

Publicado no DOG o DECRETO 68/2026, do 15 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2027.

Accede ao Decreto publicado aquí.

👉 As festas do calendario laboral para Galicia no 2027 que se determinan son: ⤵️⤵️

🔴 Aninovo (1 de xaneiro).
🔴 Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro)
🔵 San Xosé (19 de marzo)

🔴 Xoves Santo (25 de marzo).
🔴 Venres Santo (26 de marzo).
🔴 Festa do Traballo (1 de maio) 👉 Sábado.
🔵 Día dás Letras Galegas (17 de maio)
🔴 Festa Nacional de España (12 de outubro).
🔴 Todos os Santos (1 de novembro) .
🔴 Día da Constitución Española (6 de decembro).
🔴 Inmaculada Concepción (8 de decembro).
🔴 Natividad do Señor (25 de decembro) 👉 Sábado.

En 2027 teremos 9 + 2 (por coincidir en sábado o 1 de maio e o 25 de decembro; festivos nacionais non substituibles) = 11 días de ASUNTOS PARTICULARES + os canosos.

Sigue leyendo →

EGAP: CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTÍNUA

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional (tamén para a Administración de Xustiza).

⚠️⚠️ Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG ata o 🗓️ 11 de xuño de 2026.

🔴 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
⚫ O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a catro.

📣📣 Cursos ofertados: Os relacionados no ANEXO II 👉 que teñan como destinatario ó persoal da Administración de xustiza.

▪️ Amplía información: ⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260604/AnuncioO150-260526-0001_gl.html
🔗 Pdf https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:dcd85f57-d6b2-48d0-a50e-321f10561439