Archivos de la categoría PERMISOS, VACACIONS E LICENZAS

SPJ-USO SOLICITA A AMPLIACIÓN EXCEPCIONAL DO PRAZO DE DESFRUTE DAS VACACIÓNS E ASUNTOS PARTICULARES CORRESPONDENTES Ó ANO 2026

Primeiro. Que a Resolución do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, establece, con carácter xeral, o 31 de xaneiro do ano seguinte como data límite para o desfrute das vacacións e dos asuntos particulares correspondentes ao ano anterior, nos termos previstos na dita disposición.

Segundo. Que durante o ano 2026 está a desenvolverse o proceso de implantación da nova oficina xudicial, un cambio organizativo de especial relevancia que implica a adaptación das estruturas de traballo, a redistribución de funcións e tarefas e a necesidade de adecuar os procedementos e as dinámicas de funcionamento dos órganos xudiciais.

Este proceso supón un importante esforzo de adaptación para o persoal funcionario, que debe compatibilizar a prestación ordinaria do servizo público coa asunción das novas estruturas organizativas e coa adaptación aos cambios derivados da súa posta en funcionamento.

Terceiro. Que, ademais, está prevista a implantación do novo programa informático Atenea antes de que remate o ano 2026. A entrada en funcionamento desta aplicación suporá un novo proceso de adaptación tecnolóxica, organizativa e funcional para o persoal, que deberá familiarizarse coas novas ferramentas e procedementos de traballo, coas dificultades e necesidades de axuste que un cambio destas características pode xerar durante a súa fase inicial.

A coincidencia temporal de ambos os procesos de transformación, organizativa e informática, pode repercutir de maneira significativa na planificación dos permisos e descansos do persoal, así como na organización dos servizos e na garantía da súa continuidade.

Cuarto. Que, neste contexto excepcional, a aplicación ríxida do prazo ordinario de desfrute ata o 31 de xaneiro de 2027 pode ocasionar dificultades adicionais para que o persoal funcionario poida gozar efectivamente dos días de vacacións e asuntos particulares que lle correspondan, tendo en conta as necesidades de adaptación, formación e consolidación dos novos sistemas de traballo e a prestación do servizo público con garantías.

Por iso, considérase razoable e xustificado adoptar unha medida extraordinaria e temporal que permita compatibilizar as necesidades do servizo público coa garantía efectiva dos dereitos de descanso do persoal funcionario.

Quinto. Que a ampliación solicitada tería carácter excepcional e estaría limitada aos días de vacacións e asuntos particulares correspondentes ao ano 2026, sen pretender modificar con carácter xeral o réxime ordinario establecido na Resolución do 18 de outubro de 2024, senón dar resposta ás circunstancias organizativas e tecnolóxicas extraordinarias que concorren neste exercicio.

A extensión do prazo ata o 31 de marzo de 2027 permitiría dispoñer de dous meses adicionais respecto da data límite ordinaria do 31 de xaneiro de 2027, facilitando unha planificación máis flexible dos descansos e contribuíndo a reducir as dificultades organizativas que poidan xurdir durante a implantación e consolidación dos novos sistemas de traballo.

En consecuencia, SPJ-USO Galicia considera que a ampliación solicitada constitúe unha medida proporcionada, excepcional e temporal, debidamente xustificada polas circunstancias concorrentes durante o ano 2026, que permitiría compatibilizar as necesidades organizativas da Administración co respecto aos dereitos do persoal ao desfrute das súas vacacións e dos días de asuntos particulares.

En virtude do anteriormente exposto,

SPJ-USO SOLICITA:

Que a Dirección Xeral de Xustiza, tendo en conta as circunstancias excepcionais derivadas da implantación da nova oficina xudicial e da prevista posta en funcionamento do programa informático Atenea antes de finalizar o ano 2026, adopte as medidas oportunas para ampliar, con carácter excepcional, o prazo de desfrute das vacacións e dos días de asuntos particulares correspondentes ao ano 2026 ata o 31 de marzo de 2027, permitindo que o persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia poida gozar dos días pendentes dentro dese prazo ampliado, de acordo coas necesidades do servizo.

Así mesmo, solicítase que esta medida sexa comunicada con suficiente antelación a todos os órganos xudiciais e unidades afectadas, e publicada na intranet de Xustiza, co obxecto de garantir unha aplicación homoxénea en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Amplía información e accede ó escrito presentado e xustificante de presentación:

Solicitude de Ampliación prazo asuntos e vacacións 2026 ó 31-3_signed

Justificante-PR004A-20261021

EBEP: NUEVA REDACCIÓN DEL ART. 49 APARTADO E) RELATIVO AL PERMISO POR CUIDADO DE HIJO MENOR, AFECTADO POR CÁNCER U OTRA ENFERMEDAD GRAVE

En el BOE del  sábado día 3 de octubre de 2026 se ha publicado la Ley 4/2026, de 1 de octubre, por la que se modifican el Texto Refundido de la Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2013, de 29 de noviembre, y la Ley 39/2006, de 14 de diciembre, de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia, para la extensión y refuerzo de los derechos de las personas con discapacidad a la inclusión, la autonomía y la accesibilidad universal conforme al artículo 49 de la Constitución Española.

En su disposición final 11ª se modifica el texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público, aprobado por el Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, se añaden dos nuevos párrafos 5.º y 6.º al artículo 49, letra e), del texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público, aprobado por el Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre quedando redactado de la siguiente forma (en cursiva los nuevos párrafos introducidos por esta Ley):

Sigue leyendo →

 PERMISO PARA ACUDIR Ó EXAME DO VINDEIRO SÁBADO  3 DE OUTUBRO (EXAMES FINAIS E PROBAS DEFINITIVAS DE APTITUDE – ART. 5)

PERMISO PARA ACUDIR Ó EXAME DO VINDEIRO SÁBADO  3 DE OUTUBRO (EXAMES FINAIS E PROBAS DEFINITIVAS DE APTITUDE – ART. 5)

📢🔊 PERMISO PARA ACUDIR Ó EXAME DO VINDEIRO SÁBADO 🗓️ 3 DE OUTUBRO (EXAMES FINAIS E PROBAS DEFINITIVAS DE APTITUDE – ART. 5)‼️
ℹ️➡️ Ante as múltiples consultas e as malinformacións que están circulando, ACLARAMOS: 👇
⚠️⚠️ Para aqueles traballador@s que se examinen fóra de Galicia, débese solicitar na OPAX, no apartado de permisos, o permiso correspondente a «Exames finais e demais probas definitivas de aptitude», concedéndosevos o venres 2 de outubro (día previo ó exame).
👉 A duración é a dos días de realización, máis os necesarios para viaxar se se realizan fóra da CCAA.
📣 Deberase xustificar a asistencia aos exames e demais probas dentro do prazo dos quince días seguintes á súa realización co certificado de asistencia que vos darán unha vez terminado o exame na sede correspondente.

SPJ-USO PRESENTA QUEIXA ANTE A DXX POLA NON CONCESIÓN DO DÍA PARA ASISTIR ÓS EXAMES DE GALEGO CONFORME ESTABLECE A NORMATIVA

SPJ-USO PRESENTA QUEIXA ANTE A DXX POLA NON CONCESIÓN DO DÍA PARA ASISTIR ÓS EXAMES DE GALEGO CONFORME ESTABLECE A NORMATIVA‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ Nos días vindeiros, son moitos os compañeiros que deben realizar o Exame de Galego, MEDIO ou SUPERIOR, xa sexa pola mañá ou pola tarde, e para iso estase outorgando únicamente o tempo mínimo necesario…

🔴 DENDE SPJ-USO OPOÑÉMONOS ROTUNDAMENTE, XA QUE A ORDE DE VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS NO seu ARTIGO 5 ESTIPULA EN RELACIÓN Á ASISTENCIA A EXAMES FINAIS E OUTRAS PROBAS DE APTITUDE EN CENTROS OFICIAIS:👇👇

👉👉 A DURACIÓN SERÁ POLOS DÍAS DA súa CELEBRACIÓN

📣📣Polo tanto, a concesión «polo tempo mínimamente imprescindible» atópase fóra de contexto e de ningún xeito se axústa á normativa, xa que tanto os exames de galego ante o EGAP como os das EOI a través de política lingüística son considerados centros oficiais.

⚠️⚠️ Por iso, esiximos que se respecte estritamente o establecido no artigo 5 da Orde de Permisos e que no seu caso, se informe a este Sindicato cal é o criterio da DXX para a denegación deste dereito.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

⛔⛔ Basta xa de IMPOSICIÓNS ARBITRARIAS!!!

📢🔊 PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2026‼️

 

spjinformaA DXX ven de remitirnos a versión definitiva do programa anual de vacacións, sen acoller ningunha das nosas alegacións ó mesmo. Publicado na Intranet de Xustiza.

Accede ó Programa anual vacacions 2026 – versión definitiva

Accede á circular/resumo – Vacacións 2026

🔴 Ante as preguntas que nos estades a plantexar sobre o programa anual de Vacacións 2026, ACLARAMOS que «As quendas garantirán unha  ⏩ presenza proporcional de todas as clases xurisdicionais ⏪  tendo en conta o establecido na disposición transitoria primeira do RD 1451/2005, do 7 de decembro modificada polo RD 530/2025, do 24 de xuño.

⏹️ No suposto de non haber persoal suficiente para a tramitación ou execución das materias que foran propias destas, o/a Director/a do servizo común que corresponda poderá informar de forma negativa a solicitude de vacacións, en tanto non quede debidamente cuberto o servizo nese equipo, área, ou servizo, segundo corresponda».

Sigue leyendo →