Archivos de la categoría CALENDARIOS LABORAL E GARDAS

HORARIO E CALENDARIO LABORAL 2027 – MESA SECTORIAL DO 2/12/26

conciliación

ℹ️➡️ SPJ-USO SOLICITA A REDUCCIÓN DE MEDIA HORA NA PARTE FIXA DO HORARIO TANTO NA XORNADA DE INVERNO COMO NA DE VERÁN (CO CORRESPONDENTE AUMENTO NA PARTE FLEXIBLE) E OUTRAS MEDIDAS EN PROL DA CONCILIACIÓN.

⚫🔴 Tamén solicitamos:
☑️ – A ampliación da xornada de verán do 1/6 ó 30 de setembro.
☑️ – Xornada Reducida de Semana Santa e Nadal.
☑️ – Bolsa de horas.
☑️ – Dia de asuntos a maiores se o 24 e 31 caen en sábado e son festivo autonómico ou local.
☑️ – Dia de descanso por gardas de dispoñibilidade.
☑️ – Posibilidade de desfrute dos días de asuntos particulares por horas.
☑️ – Reducción das horas nas prolongacións de xornada.
☑️ – Mantemento da “media hora de cortesía”.
– Que o prazo xeral de desfrute de asuntos particulares e vacacións sexa ata o 31-3 de cada ano.

⚠️⚠️ Dende SPJ-USO queremos deixar claro que apoiaremos, en todo caso, calquera mellora que se estableza na resolución sobre o calendario laboral da xustiza galega. O noso compromiso prioritario é sempre asegurar e respaldar calquera avance nos dereitos e condicións de todo o persoal.

👉 Debemos partir da base de que no BOE de 21-9-2026 se publicou a Resolución na que o Ministerio de Xustiza procedeu a regular a duración da xornada xeral de traballo e a xornada en réxime de dedicación especial para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza que establece a xornada de 35 horas semanais. Dende SPJ-USO cremos que a nosa Comunidade non debe quedarse atrás, e polo tanto solicitamos melloras, e especialmente as relacionadas coa Conciliación da vida laboral e familiar.

Amplía información e accede á Circular  íntegra Alegacións Horario e Calendario laboral – preme aquí

IMPORTANTE – MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA 10-11-26 – PORTAZO ÓS NOSOS DEREITOS!!!

spjinformaMESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA 10-11-26 – PORTAZO ÓS NOSOS DEREITOS!!!

Tras meses sen que a DXX dese a cara, a presión sindical logrou que, ó fin este martes 10/11 se convocase mesa sectorial de xustiza, que continuará o vindeiro 24 de novembro dada a importancia e extensión dos temas a tratar e a falta de tempo que impediu tratar múltiples temas da orde do dia. Botamos en falta na orde do día a CREACIÓN DE EQUIPOS ESTRUCTURAIS en tódolos Tribunais, mais seguiremos solicitando a súa creación, como así fixemos na Mesa Sectorial, manifestando o DXX que “está en desacordo coa sua creación” e que “non ten a obriga de crealos”; o anterior conforme ó famoso acordó da Paz Social firmado por algunhas OOSS.

SPJ-USO non se cansará de demandar equipos estructurais por Ordes Xurisdiccionais nas 7 grandes ciudades, así como no SCXeral, e tamén nos Tribunais de Instancia de 2 ou mais prazas.

A mesa comezou con horas de retraso, e avanzouse non seguintes temas: prazo de desfrute de asuntos e vacacións 2026, Orzamentos 2027 e novas prazas, Atenea e pouco mais.

Comezou o DXX cunha introducción a tódolos puntos da orde do dia, explicando sucintamente as suas propostas e posturas. Detallamos os puntos tratados.

  • SPJ-USO (ÚNICO SINDICATO QUE O SOLICITOU) LOGRA A AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE ASUNTOS P. E VACACIÓNS 2026 ATA O 31-3-2027
  • ORZAMENTOS 2027 – CREACIÓN DE PRAZAS E MODIFICACIÓN DAS RPT.

    DEBEMOS RECOÑECER A VALENTÍA DO DXX PARA TRAER ESTA PROPOSTA “RIDÍCULA” Á MESA!!

  • ATENEA – Ó FIN A DXX FALA DE ATENEA – PRIMEIRO IMPLANTAMOS, logo INFORMAMOS…. E DA FORMACIÓN PRESENCIAL IREMOS VENDO… (CAOS!!!)
  • TELETRABALLO – O DITO POLO DXX NON TEN DERPERDICIO!!!O TELETRABALLO É UN DEREITO, E COMO TAL DEBE REGULARSE XA!!!
  • CARREIRA PROFESIONAL – NOVA CONVOCATORIA SOLICITADA POR SPJ-USO PARA PERSOAL QUE NON ACCEDEU A GRAO EN 2024 OU 2025.   Tema a tratar na vindeira mesa do 24/11. Remitiremos alegacións por escrito.
  • RESOLUCIÓN HORARIO 35 HORAS E CALENDARIO LABORAL 2027.   Tema a tratar na vindeira mesa do 24/11. Remitiremos alegacións por escrito.
  • COMARCALIZACIÓN DAS SECCIÓNS DE VSM DE VIGO, PONTEVEDRA E LUGO.  Está case todo por decidir…
  • GARDAS DE 24 HORAS DO IMELGA – A PRESIÓN SINDICAL E DOS FORENSES LOGRA UN AVANCE “TARDIÓ E INCOMPLETO” dunha VELLA REIVINDICAICÓN.O DEREITO Ó DESCANSO E Á CONCILIACIÓN SÓLO SE NEGA EN GALICIA, ÚNICA CCAA SEN GARDAS DE 24 HORAS!!!  Tema a tratar na vindeira mesa do 24/11. Remitiremos alegacións por escrito.
  • CONCURSO DE TRASLADOS
  • PRAZAS OFERTADAS EN GALICIA Á OEP 2023

Accede á circular informativa íntegra; PREME:   Accede á circular informativa íntegra CIRCULAR MESA SECTORIAL 10-11

 

MOI IMPORTANTE – CONVOCATORIA DE COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE E MESA SECTORIAL – MARTES 10 NOVEMBRO

spjinforma

CONVOCATORIA DE COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE E MESA SECTORIAL – 🗓️ MARTES 10 NOVEMBRO.

➡️ A DXX remítenos convocatoria de CSS e da Mesa sectorial de xustiza para o próximo martes 10 de novembro ás 09:15 h na EGAP.

🔴 COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (09:15 H-11:00 H)

⚠️⚠️ Orde do día:

1. Información sobre GAS RADÓN. Asistirá como convidado D. Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radón de Galicia)

2. Avaliación sobre a necesidade da realización de estudos psicosociais: TI de PONTEAREAS e TI de Vilagarcía de Arousa.

3. Información sobre actuacións e obras. Nos próximos días remitirase a información de detalle das obras.

4. Rogos e Preguntas.

👉 Xunto coa convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral achégase a seguinte documentación:

– Acta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do 30 de xuño de 2026.
– Avaliacións de riscos realizadas e remitidas dende o último CSSL.
– Adaptacións de postos por motivos de saúde e adscricións por motivos de saúde.
– Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

🔴 MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (11:00 H)

⚠️⚠️ Orde do día:

1. Orzamentos 2027. Información sobre a creación de novas prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Modificación das RPT.

2. Implantación do sistema procesual ATENEA.

3. Convocatoria EXTRAORDINARIA de traxectoria profesional solicitada por SPJ-USO como impulsor e firmante da Traxectoria.

4. Calendario laboral 2027.

5. Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública.

6. Proposta de ampliación do periodo para gozar das vacacións e dos asuntos particulares 2026 a solicitude de SPJ-USO.

7. Información sobre a comarcalización das seccións de VSM de Vigo, Pontevedra e Lugo, datas e medidas de persal e medios materiais.

8. Gardas 24 h no IMELGA.

9. Rogos e preguntas.

👉 Xunto con esta convocatoria achégase a seguinte documentación:

– Acta asinada da última mesa sectorial celebrada o pasado 2 de xuño de 2026
– Proposta de calendario laboral 2027. Infórmase de que foron eliminados algúns artigos porque aparecen de forma literal na resolución de permisos, vacacións e licenzas.
– Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública. Informado polo Ministerio de xustiza á espera da súa sinatura.
– O documento coa proposta da traxectoria será remitido proximamente.

SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados!!!

📢🔊 DOGA: PUBLICADOS OS FESTIVOS LOCAIS DE GALICIA PARA 2027‼️

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2027 correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

▪️ Amplía información e accede ós festivos locais: ⤵️

🔗 Festivos locales 2027

🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261026/AnuncioG0767-161026-0001_gl.html

PUBLICADAS NO DOG AS FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL DO 2027

Publicado no DOG o DECRETO 68/2026, do 15 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2027.

Accede ao Decreto publicado aquí.

👉 As festas do calendario laboral para Galicia no 2027 que se determinan son: ⤵️⤵️

🔴 Aninovo (1 de xaneiro).
🔴 Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro)
🔵 San Xosé (19 de marzo)

🔴 Xoves Santo (25 de marzo).
🔴 Venres Santo (26 de marzo).
🔴 Festa do Traballo (1 de maio) 👉 Sábado.
🔵 Día dás Letras Galegas (17 de maio)
🔴 Festa Nacional de España (12 de outubro).
🔴 Todos os Santos (1 de novembro) .
🔴 Día da Constitución Española (6 de decembro).
🔴 Inmaculada Concepción (8 de decembro).
🔴 Natividad do Señor (25 de decembro) 👉 Sábado.

En 2027 teremos 9 + 2 (por coincidir en sábado o 1 de maio e o 25 de decembro; festivos nacionais non substituibles) = 11 días de ASUNTOS PARTICULARES + os canosos.

Sigue leyendo →