O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, reuniuse hoxe con representantes do sector xudicial de Pontevedra, segundo nota de prensa remitida ós medios, a pesar de que os funcionarios da Administración de Xustiza non tiñan representación na dita xuntanza por medio das organizacións sindicais, que non fomos “invitadas” nin “informadas”. A xuntanza foi para abordar os traballos previstos no decanato, no xulgado de garda, na subdirección do Imelga, no servizo de seguridade e nos despachos dos sindicatos.
Ademais do director xeral de Xustiza, como representantes da Administración de Xustiza de Pontevedra estiveron á xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido; o secretario coordinador provincial de Pontevedra, José Miguel Formoso Sobrado; e á subdirectora do Imelga en Pontevedra, Beatriz Otero (reiteramos que o colectivo mais amplo, os funcionarios da Administración de Xustiza (Xestores, Tramitadores, Auxilios e Médicos Forenses), non tivemos representación na citada xuntanza).
O Director Xeral trasladou ós presentes as medidas de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda. En concreto, anunciou a próxima licitación por máis de 221.700 euros de actuacións neste inmoble nos espazos que ocupan a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en Pontevedra, o decanato e o xulgado de garda, o servizo de seguridade, e nos despachos dos sindicatos. Ademais, inclúen o pintado de parámetros interiores e das escaleiras de emerxencia.
Entre os traballos previstos destacan a instalación de tomas de voz e datos e de paneis led nestas instalación ou o incremento nos sistemas de protección e medidas de seguridade, segundo se dixo. No caso do Imelga renovaranse os aseos e instalarase un termo eléctrico; no xulgado de garda levarase a cabo a renovación da climatización cunha nova bomba de calor e reformarase o espazo; mentres que no decanato destaca a substitución da carpintería interior de aluminio, incluído o acristalamento do mostrador.
Dende SPJ-USO celebramos se leven a efecto, ó fin, as actuacións anunciadas, algunhas delas reiteradas ducias de veces por este Sindicato SPJ-USO, mais estaremos vixiantes pola correcta execución dos traballos que, de novo, foron anunciados.