Archivos de la categoría CURSOS FORMACIÓN

PUBLICADA NA INTRANET A FORMACIÓN PRESENCIAL NO USO DE DESFIBRILADORES: 65 PRAZAS DISPOÑIBLES

A Dirección Xeral de Xustiza, tal e como anunciou SPJ-USO onte, acaba de publicar na intranet a posta en marcha un proxecto piloto de formación no uso de desfibriladores externos automáticos (DEA), dirixido a todo o persoal que traballa nos órganos xudiciais de Galicia. Esta primeira edición contará cun total de 65 prazas para este persoal. O número de prazas é limitado co fin de valorar a execución do proxecto piloto e a súa organización de cara a sucesivas edicións.

As sesións serán presenciais e desenvolveranse nas sedes da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra, en grupos reducidos. A previsión é executar este proxecto piloto antes de finais deste ano 2026. As datas, os horarios e os lugares concretos comunicaranse unha vez organizada a distribución dos grupos.

O persoal interesado poderá solicitar praza no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 5 ó 11 de novembro, ambos inclusive), a través da remisión dun correo electrónico a xustiza@xunta.gal, achegando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos.
  • Órgano xudicial e unidade de destino.
  • Sede na que solicita realizar a formación.
  • Correo electrónico corporativo e teléfono de contacto profesional.

As solicitudes recibidas teranse en conta ata cubrir as 65 prazas dispoñibles. A presentación da solicitude non supón a confirmación automática da praza. A distribución das prazas e dos grupos realizarase en función das solicitudes recibidas e da dispoñibilidade en cada sede, tendo en conta a organización das sesións nas que tamén participará persoal da Garda Civil destinado nas sedes xudiciais.

No caso de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles, as persoas que non obteñan praza nesta primeira edición teranse en conta para sucesivas edicións do proxecto.

A confirmación da participación e os detalles da sesión asignada comunicaranse ás persoas interesadas a través do correo electrónico facilitado.

SPJ-USO LOGRA UNHA VELLA REIVINDICACIÓN: Ó FIN TEREMOS FORMACIÓN PRESENCIAL NO USO DE DESFIBRILADORES: 65 PRAZAS DISPOÑIBLES


A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos o lanzamento dun proxecto piloto de formación presencial no uso de desfibriladores externos automáticos (DEA), dirixido a todo o persoal dos órganos xudiciais de Galicia.

Sigue leyendo →

CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (MEDIO e SUPERIOR) E CELGAS 2026/2027!

A  Consellería de Educación convoca cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27

Están dirixidos a empregados públicos , incluido o persoal de xustiza. Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregadas públicas e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregadas/os públicas/os.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.

As datas de realización dos cursos para o segundo cuadrimestre serán entre xaneiro e maio de 2027, segundo o curso.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto da resolución.

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo ( para os cursos LAG) e décimo segundo desta resolución( para os cursos de preparación obtención dos celga)

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

Poderanse realizar nas distintas sedes das escolas oficiais de idiomas de Galicia de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Accede o resto de requisitos no seguinte enlace:

Accede á convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa e Celgas

**Corrección de erros da anterior convocatoria pola que se modifica a oferta de cursos na EOI de Pontevedra

FORMACIÓN – NOVOS CURSOS SPJ-USO 6ª EDICIÓN – INSCRIPCIÓN 06-10-2026 ATA O 30-10-2026

FORMACIÓN – NOVOS CURSOS SPJ-USO – INSCRIPCIÓN ATA O 30-10-2026

🔴 Cursos homologados por INAP nacional, válidos para OPOSICIÓNS, CONCURSOS, BOLSAS DE INTERINOS, etc…

🔴 A Inscripción é ata o 30 DE OUTOUBRO DE 2026

🔳 Os cursos realizaranse do 2  DE NOVEMBRO Ó 15 DE DECEMBRODE 2026.

⭕ CURSOS DE 60 HORAS:

  • Archivo y documentación como herramienta para la negociación colectiva y el diálogo social.
  • Igualdad en el acceso al empleo público.
  • La ética administrativa. Los deberes y responsabilidades de los empleados públicos ante los ciudadanos.

Sigue leyendo →

📢🔊 FORMACIÓN 📚- NOVOS CURSOS SPJ-USO – INSCRIPCIÓN ATA O 🗓️ 14-09-2026

 

📢🔊 FORMACIÓN 📚- NOVOS CURSOS SPJ-USO – INSCRIPCIÓN ATA O 🗓️ 14-09-2026

🔴 Cursos homologados por INAP nacional, válidos para OPOSICIÓNS, CONCURSOS, BOLSAS DE INTERINOS, etc…

🔴 A Inscripción é ata o 14 DE SETEMBRO DE 2026

🔳 Os cursos realizaranse do 16 DE SETEMBRO Ó 31 DE OUTUBRO DE 2026.

⭕ CURSOS DE 60 HORAS:

  • Archivo y documentación como herramienta para la negociación colectiva y el diálogo social.
  • Igualdad en el acceso al empleo público.
  • La ética administrativa. Los deberes y responsabilidades de los empleados públicos ante los ciudadanos.

Sigue leyendo →