Archivos de la categoría COMISIÓNS DE SERVIZOS

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS HOXE 2/11/2026

 

ℹ️➡️ Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:d8d0b051-083b-4345-b8c4-e56d507579b7

📣📣 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5️⃣ DIAS HÁBILES. ( 3, 4, 5, 6 e 9 de novembro)

🔴 Solicitantes: persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

⚠️⚠️ Será REQUISITO LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución

🔴 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5️⃣ días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025 da DXX.

👉 Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

🔴 NORMATIVA 2026 DE COMISIÓNS DE SERVIZO: 🔗 https://spjusogalicia.com/publicada-no-dog-a-nova-normativa-de-comisions-de-servizos/

▪️ Amplía información e accede á resolución e ás prazas ofertadas: ⤵️⤵️
🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:d8d0b051-083b-4345-b8c4-e56d507579b7

📢🔊 COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 🗓️ 26/10/26 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA‼️

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 7/10/26.

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:27845067-4488-4d35-b013-9e324624b017

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:27845067-4488-4d35-b013-9e324624b017

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

PUBLICADO LISTADO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIONS DE SERVIZO –20/10/2026

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia e Xustiza e (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o  07/10/2026.

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/36153/212063/261020-adxudicacion-provisional.pdf?version=1.0

CORRECCIÓN DE ERROS DAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS O 7/10/26

 Correción de erros da convocatoria da resolución de convocatoria de postos de comisión de servizos da Administración de Xustiza do pasado 7 de outubro.

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS HOXE 7/10/26

ℹ️➡️ Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:f2a25bd4-5678-4b6e-92e1-28a26d460052

📣📣 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5️⃣ DIAS HÁBILES.

Sigue leyendo →