AS SUBAS SALARIAIS PENDENTES NA XUSTIZA GALEGA PARA 2027 NON CORREN PERIGO: os dereitos do persoal público non dependen do adianto electoral‼️

ℹ️➡️ Ante as múltiples consultas que nos estades a facer, a incerteza xerada polo adianto electoral e as dúbidas sobre o que podería ocorrer coas subas salariales de 2027 no caso dun cambio de Goberno, dende SPJ-USO debemos ser claros: os acordos asinados están para cumprilos, con independencia de quen estea á fronte do Executivo.
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

🪙🪙 SUBA ESTATAL: O ministro de Función Pública volveu reiterar o compromiso de manter o acordo retributivo asinado que recolle unha subida salarial do 4,5 % para 2027, á que se engade un 0,5 % adicional vinculado á evolución da inflación de 2026.

👉 Prevese que o goberno actual aprobe un Decreto-Lei antes da data electoral que garanta a suba (posiblemente no Consello de Ministros do 24 de novembro).

👉 A inflación está a superar amplamente a referencia inicialmente pactada: fronte ao 1,5 % previsto, sitúase actualmente no 4,9 %. Polo tanto, á aplicación da cláusula de revisión salarial, que suporía ese 0,5 % adicional con efectos desde xaneiro de 2026, é unha realidade, e será con atrasos dende xaneiro de 2026 durante o primeiro trimestre de 2027.

👉 Deste xeito, a subida total prevista para 2027 é do 5 % (4,5 + 0 5).

📣 Non aceptamos que se presente como unha concesión política o que é o cumprimento dun acordo. O persoal da Administración de Xustiza leva anos soportando a perda de poder adquisitivo e o encarecemento do custo da vida.

Por iso, esiximos que se respecten os compromisos adquiridos e que non se utilice a incerteza política como escusa para atrasar, recortar ou cuestionar os nosos dereitos salariais.

👉 Cómpre lembrar tamén que o acordo abrangue ata 2028 e establece para ese ano un incremento do 2 %, que tamén debe cumplirse.

🔊🔊 Desde USO seguiremos vixiantes e esixindo garantías. Os acordos cúmprense, o poder adquisitivo deféndese e os dereitos do persoal público non poden quedar á mercé dos cambios políticos.

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

🪙🪙 COMPLEMENTO ESPECÍFICO GALICIA:
Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO e outras,
para a mellora das condicións de traballo do persoal da Administración de xustiza de Galicia.
– Acordouse unha suba de 225 euros en 3 anualidades (40% en 2026, 30% 2027 e 30% en 2028).
👉 O 30% do ano 2027 suporá un incremento de 67,5 euros mensuales para todos os corpos.
👉 (PREVISTO NOS ORZAMENTOS 2027 DA CCAA GALEGA).

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

🪙🪙 CARREIRA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA DA QUE SPJ-USO FOI IMPULSOR:
👉 Lembramos o valor 🪙 de cada grao (hai 4 graos):
☑️ Forenses 241,63 €/grao
☑️ Xestión 169,10 €/grao
☑️ Tramitación 109,06 €/grao
☑️ Auxilio 92,57
€/grao

👉 Debido a que o cobro de cada grado se percibe en 3 anualidades, en 2027, tódolos traballadores que adquiriron grado na convocatoria de 2026, terán unha suba de entre un 30 e un 35 % do valor do grado, segundo o caso.
👉 (Suba 2027: Forenses 85 €, Xestión 60 €, Tramitación 33 €, Auxilio 28 €)

👉 (PREVISTO NOS ORZAMENTOS 2027 DA CCAA GALEGA).

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

📣📣 Nota: A todos os conceptos retributivos haberá que incrementarlles o 4,5% da suba estatal.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados.

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.