SPJ-USO SOLICITA A HABILITACION DUNHA LIÑA TELEFONICA EXCLUSIVA OU PREFERENTE PARA INCIDENCIAS GRAVES NO DICIREG
No dia de hoxe presentamos ante a Direccion Xeral de xustiza escrito solicitando UNHA LIÑA TELEFONICA EXCLUSIVA OU PREFERENTE PARA INCIDENCIAS GRAVES NO DICIREG
Dado que na actualidade estamos en proceso de implantación, na nosa Comunidade Autónoma, do DICIREG, sistema de tramitación que pon en marcha o Rexistro Civil electrónico, a cal xa comezou nas cidades da Coruña e Vigo, e órganos colaboradores limítrofes e irase extendendo, nas vindeiras semanas, e de forma progresivamente, ao resto das Oficinas Xerais e Colaboradoras sitas en Santiago de Compostela, Ourense, Ferrol, Lugo…
SOLICITAMOS:
QUE SE HABILITE UNHA LIÑA TELEFONICA EXCLUSIVA OU DE ATENCION PREFERENTE COMO AS EXISTENTES PARA DAR COBERTURA NAS SALAS DE VISTAS co fin de resolver as incidencias graves que poidan xurdín na tramitación dos expedientes que os paralicen evitando a súa continuación coa conseguinte ampliación dos tempos.
DEBE SER INDEPENDENTE OU PREFERENTE DENTRO DO CAUCE NORMAL EMPREGADO POLO CAU debido a que os prazos que se manexan son moi curtos, tendo que dar solucións inmediatas, algo que coa canle existente, actualmente a través do AXUDOTE, non é viable.
REFORZARIA E MELLORARIA NOTABLEMENTE A IMPLANTACION DO DICIREG NA NOSA COMUNIDADE AUTONOMA, ao existir unha liña directa con informáticos de AMTEGA, con formación neste programa. Recibirían de forma inmediata ditas incidencias, o que reduciría notablemente a súa resolución, dando apoio ás oficinas para adaptarse a un cambio tan profundo e radical como supón a superación do actual modelo rexistral operativo dende 1957.
PARA CONSULTAR ESCRITO PRESENTADO