PUBLICADAS NO DOG AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ACCIÓN SOCIAL 2026 (programa de discapacidade)

No DOG de hoxe 23/10/2026 publícase a RESOLUCIÓN  do 9 de outubro da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2026 para o persoal ao  servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia

Polo carácter reservado dos datos que figuran na listaxe, as persoas interesadas poden consultala na OPAX co seu certificado dixital ou co usuario e contrasinal.

As cantidades que se percibirán serán as seguintes:

Tramo 1 do 33 % ao 64 %: 87,29 €
Tramo 2 do 65 % ao 74 %: 174,59 €
Tramo 3 do 75 % en diante: 349,18 €

A data de pagamento será como sempre ao longo do mes de novembro.

Amplía información e accede á resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261023/AnuncioG0759-161026-0001_gl.pdf

Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.