Archivo mensual: noviembre 2022

SPJ-USO INFORMA: PLAN DE FORMACIÓN ANO 2023

Hoxe, 28 de novembro de 2022, celebrouse Mesa de Formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia).

SPJ-USO, tendo en conta a información facilitada pola Dirección Xeral de Xustiza, fixemos unhas primeiras alegacións e propostas.

En primeiro lugar reiteramos a repetición na súa totalidade das propostas formativas para o ano 2022, ampliándose as seguintes peticións de SPJ-USO, con especial atención a:

  • Impartición dos módulos de reformas lexislativas para ós ámbitos social e contencioso, así como no ámbito civil con respecto aos procesos en materia de medidas de apoio ás persoas con discapacidade da lei 8/2021.

Sigue leyendo

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS – 25/11/2022

COMISIÓN DE SERVIZO

ℹ️➡️ Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

_Resolucion comisions servizo_25-11-2022.def

👉 Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

🔴 👉 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.
👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

▪️ Accede á resolución publicada e ás prazas ofertadas: ⤵️⤵️

CONVOCATORIA MESA FORMACIÓN

No día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza convocounos a Mesa de Formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia) na seguinte hora e data indicada:

  • DATA: 28/11/2022 as 12.00 horas

A Orde do día é a seguinte

 1.- Planificación do programa de formación continua da EGAP do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

2.- Rogos e preguntas.

PROCESOS ESTABILIZACIÓN: RESUMEN DE LAS VALORACIONES Y MÉRITOS DE LOS BORRADORES DEL CONCURSO OPOSICIÓN Y MÉRITOS

 

ORDE DE CONFECCCIÓN DE NÓMINAS E CADROS/RESUMO DE RETRIBUCIÓNS.

Publicada no Doga a «ORDE do 23 de novembro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022, de acordo co disposto na Lei 4/2022, do 22 de novembro, e no Real decreto lei 18/2022, do 18 de outubro».

No  ANEXO XVII recóllense as retribucións dos  Funcionarios/as dos corpos ao servizo da administración de xustiza, actualizadas a novembro de 2022.

Acccede ó DOGA – RETRIBUCIÓNS 2022 novembro – ANEXO XVII

Accede ós cadros resumo de retribucións elaborados por SPJ-USO:

Accede ó cadro de RETRIBUCIÓNS 2022 Xestión, Tramitación e Auxilio – novembro

Accede ás RETRIBUCIÓNS DA CARREIRA PROFESIONAL

Accede ó cadro de RETRIBUCIÓNS FORENSES 2022 novembro