Archivo diario: 07/11/2022

NOVAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS 07/11/2022

ℹ️➡️ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza, (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería

https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔴PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴Modelo de solicitude: Anexo II.

👉Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

👉 Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX , ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes faranse conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

🔴As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️ Accede á resolución e ás SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS.⤵️⤵️

https://ficheiros-web.xunta.gal/xustiza/persoal/20221107-resolucion-novas-substitucions.pdf

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA: CONVOCATORIA PARA DESENVOLVEMENTO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

A DXX acaba de convocar Mesa Sectorial de Xustiza para o próximo día 9 de novembro as 11,3 o horas.

Aquí vos deixamos a orde do día: 

Por último infórmase de que salvo imprevistos a seguinte mesa sectorial está prevista para o día 14 ás 10:00 h na Sala 11 na EGAP.

ÚLTIMA HORA: RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECÍFICO DA FISCALÍA DE SANTIAGO COMPOSTELA

A DXX ven de comunicarnos que está previsto que o próximo día 11 de noviembre se publique no DOG e no BOE a resolución do concurso específico da Fiscalía de Santiago de Compostela.

FESTIVOS LOCAIS DE GALICIA PARA 2023 – Publicados no DOGA.

Publicada no DOGA de hoxe luns 7 de novembro a RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2023, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Accede ós festivos locais: ⤵️⤵️

FESTIVOS LOCAIS GALICIA 2023