Hoxe, 28 de novembro de 2022, celebrouse Mesa de Formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia).
SPJ-USO, tendo en conta a información facilitada pola Dirección Xeral de Xustiza, fixemos unhas primeiras alegacións e propostas.
En primeiro lugar reiteramos a repetición na súa totalidade das propostas formativas para o ano 2022, ampliándose as seguintes peticións de SPJ-USO, con especial atención a:
-
Impartición dos módulos de reformas lexislativas para ós ámbitos social e contencioso, así como no ámbito civil con respecto aos procesos en materia de medidas de apoio ás persoas con discapacidade da lei 8/2021.
-
Curso específico para os Xulgados de Familia, actualizacións e reformas.
-
Curso presencial e on line, relativo ao novo modelo de Rexistro Civil, xa que os funcionarios cometan a dificultade e o cambio tan grande que hai na nova aplicación da Ley.
-
O aumento de prazas convocadas para os cursos de linguaxe xurídica. O noso xuizo quédanse moi curtas as previsións feitas pola DXX, debendo ampliarse o seu número para dar resposta o elevado número de peticións anuais.
-
Unha formación presencial inmediata d@s funcionari@s que cambien de destino e interinos sen experiencia previa. Tamén insistimos na creación dun programa sostido no tempo de formación de formadores.
-
Implantación inmediata da formación para a preparación de oposicións online a través da EGAP, tal e como se está a facer actualmente no ámbito do Ministerio, tanto para a promoción interna coma para o persoal interino.
- Impartir un módulo de violencia de xénero e familiar, tramitación e práctica, xa que é un órgano que necesita rapidez nas súas actuacións, e polo tanto este curso ademáis da teoria, debe ter un formador que coñeza a materia e os modelos, para axilizar o procedemento.
- Reiteramos o noso interese pola formación en primeiros auxilios e emerxencias. Entendemos que polo menos parte da devandita formación ten que ser práctica e presencial.
Por parte da DXXustiza, comunican que este ano 2023 repetiranse as edicións dos cursos do ano 2022., e asimesmo auméntase unha edición máis daqueles cursos de 30 horas que tan solo tiñan unha edición no ano 2022, salvo aqueles nos que existan reformas lexislativas, que se impartirán como novos cursos cosas súas reformas lexislativas.
Impartiránse nas 4 órdenes xurisdiccionais (Contencioso, laboral, civil e penal) os módulos 1 e 2 neste ano 2023 (antes impartíase cada ano un só modulo), en laboral impartiranse dous módulos máis, en civil, un módulo máis, dándose entrada as reformas lexislativas das persoas con discapacidade en relación á Lei 8/2021., en penal aumentarse un módulo máis en Xulgados de Guardia, Violencia sobre a muller e medidas urxentes).
Impartiranse novos cursos de actuacións en lugares públicos, reformas procesuais penais, reformas procesuais civiles, unha nova edición de 30 horas de dereito de familia, tanto para os xulgados de familia como para os xulgados mixtos., así como 30 horas de dereito concursal, que englobe todas as reformas.
E por último a eliminación de concurso de acreedores de persoa física.
Por parte da Egap, están vendo a maneira de poder realizar máis cursos de galego e máis edicións, non sendo posible para este ano 2023. Seguen traballando no tema para poder ofertar mais formación de galego para o ano 2024.