Archivo diario: 19/11/2022

INSTRUCCIÓNS PARA SOLICITAR A CARREIRA PROFESIONAL DENDE O DÍA 21 DE NOVEMBRO ATA 0 13 DE DECEMBRO.

Carreira profesional

PUBLICADAS NA INTRANET AS CORRESPONDENTES INSTRUCCIÓNS  PARA REALIZAR A SOLICITUDE DA CARREIRA PROFESIONAL DESDE O DÍA 21 DE NOVEMBRO ATA O 13 DE DECEMBRO.

1.- A solicitude debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX.

Ao entrar en OPAX, aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a «traxectoria profesional». Ao premer no enlace de traxectoria profesional, o sistema informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos segundo os datos que figuran neste.

  • No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala.
  • No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que a persoa solicitante pode acreditar; para o que achegará a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.
MOI IMPORTANTE: non basta con gravar a solicitude, hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que cree máis dunha solicitude, só será válida a última presentada.

Na sección de «axuda», pode descargarse a guía de usuario coas instrucións para realizar a solicitude.

 

Lembrade que o prazo de presentación de solicitudes é o seguinte:

Grao 1 para tódolos corpos e Grao 2 para tramitación e Auxilio,  15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no doga. DENDE O 21 DE NOVEMBRO ATA O 13 DE DECEMBRO (ambos incluídos).

Grao 2 para Xestión e Forenses 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro de 2023.