Publicado el08/11/2022|Comentarios desactivados en FORMACIÓN CONTINUA EGAP: PRÓXIMA REUNIÓN DE TRABALLO
⏹A Dirección Xeral de Xustiza (con carácter previo á próxima convocatoria da mesa de formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia) ven de convocar a SPJ-USO e ás distintas organizacións sindicais representadas na mesma (lembrade que CSIF non ten representación) a unha reunión de traballo por videoconferencia para a analizar a programación da formación continua da EGAP para o ano 2023 do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia:
🔴A data fixada para a reunión de traballo é o próximo día 10 de novembro ás 12,oo horas. Manterémosvos puntualmente informados.
👉 Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxin web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
🔴 👉 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.
🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.
No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.
🔴 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación. 👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022