Archivo diario: 09/11/2022

CARREIRA PROFESIONAL: MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE HOXE 9/11/2022

Carreira profesionalℹ️➡️ No día de hoxe tivo lugar xuntanza da mesa sectorial de Xustiza na que se tratou, en desenvolvemento do acordo de carreira profesional do que SPJ-USO é impulsor, a convocatoria dos grados extraordinarios 1 e 2 neste 2022.

🔴 Na mesa de hoxe confírmase que tódolos sindicatos presentes na mesa Sectorial da Xustiza Galega (SPJ-USO, CCOO, UGT e agora tamén STAJ, CUT e CIGA) finalmente firmarán o acordo de Carreira Profesional.

🔴 Logo de expoñer as nosas alegacións ó texto remitido de convocatoria, quedamos pendentes dunha última xuntanza que terá lugar o vindeiro luns día 14, e na que se prevén poucos cambios respecto do borrador de convocatoria do que vos temos informados en días anteriores e ó que podedes acceder pinchando no seguinte enlace: 

Borrador Convocatoria grados extraordinarios  I e II XUSTIZA

 

🔴 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
☑️ Grao 1 para TÓDOLOS CORPOS e grado 2 para TRAMITACIÓN E AUXILIO: 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do acordo no doga, que se prevé a finais de novembro.
☑️ Grao 2 para XESTIÓN E FORENSES: 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro de 2023.

👉 Unha vez rematada a vindeira mesa do luns 14 informaremos puntualmente.

 

CHAMAMENTOS DE PERSOAL INTERINO 09/11/2022

CHAMAMENTOS DE PERSOAL INTERINO DO MÉRCORES DÍA 09/11/2022

 

 

ÚLTIMA HORA NÓMINA DE NOVEMBRO: SUBA DO 1.5% E CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT

ÚLTIMA HORA:  NÓMINA DE NOVEMBRO:
 – O PAGO EN GALICIA DA SUBA DO 1,5 % DO IPC DESTE ANO 2022 SERÁ DE OFICIO EN NOVEMBRO‼️
O cobro da CLÁUSULA DE REVISIÓN do CAT firmada por SPJ-USO será tamén en novembro‼️

A Xunta de Galicia ven de informar a SPJ-USO que o pago correspondente a suba salarial do 1,5% farase efectiva na nómina de novembro.

O pago farase de oficio a todo o persoal que estivera en activo nalgún día do ano 2022 en Galicia e na conta onde tiña domiciliada a nómina.

Conforme ó acordo firmado por SPJ-USO, NA NÓMINA DE NOVEMBRO procederán ó pago da aplicación da cláusula de revisión do CAT que suporá en 2022:
🔴 22,90 euros/mes para o CORPO DE XESTIÓN P.A.
🔴63,02 euros/mes para os M.Forenses.

O cobro será con efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2022.

BORRADOR DA CONVOCATORIA DOS GRADOS EXTRAORDINARIOS I E II DE CARREIRA PROFESIONAL

Carreira profesionalA DXX ven de remitir a SPJ-USO e ás demáis organizacións sindicais o borrador do acordo da convocatoria dos grados extraordinarios I e II a negociar na Mesa Sectorial a celebrar o mércores 9 de novembro.

Aquí vos deixamos o borrador do citado acordo:

Borrador Convocatoria grados extraordinarios  I e II XUSTIZA

 

COMUNICACIÓN DEL CGPJ: PRÓXIMAS INSPECCIONES EN ÓRGANOS JUDICIALES DE GALICIA

El Servicio de Inspección del Consejo General del Poder Judicial acaba de comunicar su programa de visitas de inspección  realizar próximamente. 

Aquí os dejamos un enlace a la nota emitida por el Servicio de Inspección del CGPJ y un listado de los órganos judiciales de Galicia señalados para inspeccionar próximamente.

LISTADO ÓRGANOS GALICIA A INSPECCIONAR

NOTA SERVICIO INSPECCION CGPJ