Archivo mensual: marzo 2023

MUGEJU: INTEGRACIÓN CON LA CARPETA CIUDADANA

Según se ha publicado en la página de la MUGEJU, a partir del 23 de marzo, todos los ciudadanos pueden consultar el estado de sus procedimientos en la Mutualidad mediante la sección «Mi carpeta» del Punto de acceso general de la AGE .

También pueden hacerlo a través del servicio Consultar el estado de mis solicitudes  de la sede electrónica de la Mutualidad.

Accede a la publicación: ⬇️⬇️

https://www.mugeju.es/noticias/2023-03/integracion-con-carpeta-ciudadana

EGAP – CURSOS DE FORMACIÓN (TELEFORMACIÓN) para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia‼️

Convocados CURSOS DE FORMACIÓN para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia!!!

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230324/AnuncioO150-150323-0002_gl.html

Requisitos das persoas participantes: Poderá participar o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos  da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral).

Solicitudes:   O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de marzo de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> , desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Amplía información e accede á relación de cursos: ⤵️⤵️⤵️
DOG 59 do 24/3/2023 – RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. (xunta.gal)

RELACIÓN DE CURSOS:

NOMEAMENTO TRIBUNAIS CALIFICADORES DELEGADOS TURNO LIBRE

No BOE de hoxe 24/03/2023  publícase Orde JUS/282/2023, do 10 de marzo, pola que se nomean os Tribunais Cualificadores Delegados, dos procesos selectivos para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.

Para ver resolucion completa:⤵⤵

Disposición 7578 del BOE núm. 71 de 2023

PONTEVEDRA – EDIFICIO DE «A PARDA»: A Xunta anuncia (unha vez mais…) as melloras de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda.

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, reuniuse hoxe con representantes do sector xudicial de Pontevedra, segundo nota de prensa remitida ós medios, a pesar de que os funcionarios da Administración de Xustiza non tiñan representación na dita xuntanza por medio das organizacións sindicais, que non fomos «invitadas» nin «informadas». A xuntanza foi  para abordar os traballos previstos no decanato, no xulgado de garda, na subdirección do Imelga, no servizo de seguridade e nos despachos dos sindicatos.

Ademais do director xeral de Xustiza, como representantes da Administración de Xustiza de Pontevedra estiveron á xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido; o secretario coordinador provincial de Pontevedra, José Miguel Formoso Sobrado; e á subdirectora do Imelga en Pontevedra, Beatriz Otero (reiteramos que o colectivo mais amplo, os funcionarios da Administración de Xustiza (Xestores, Tramitadores, Auxilios e Médicos Forenses), non tivemos representación na citada xuntanza). 

O Director Xeral trasladou ós presentes as medidas de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda. En concreto, anunciou a próxima licitación por máis de 221.700 euros de actuacións neste inmoble nos espazos que ocupan a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en Pontevedra, o decanato e o xulgado de garda, o servizo de seguridade, e nos despachos dos sindicatos. Ademais, inclúen o pintado de parámetros interiores e das escaleiras de emerxencia.  

Entre os traballos previstos destacan a instalación de tomas de voz e datos e de paneis led nestas instalación ou o incremento nos sistemas de protección e medidas de seguridade, segundo se dixo. No caso do Imelga renovaranse os aseos e instalarase un termo eléctrico; no xulgado de garda levarase a cabo a renovación da climatización cunha nova bomba de calor e reformarase o espazo; mentres que no decanato destaca a substitución da carpintería interior de aluminio, incluído o acristalamento do mostrador.

Dende SPJ-USO celebramos se leven a efecto, ó fin, as actuacións anunciadas, algunhas delas reiteradas ducias de veces por este Sindicato SPJ-USO, mais estaremos vixiantes pola correcta execución dos traballos que, de novo, foron anunciados.

 

OPOSICIONS 2019: MODIFICACION DAS BASES COMUNS POR EXECUCION DE SENTENZA

spjinforma

No BOE de 23/03/2023 publicase a orde, por execución de sentenza, onde se modifican as bases comúns dos procesos selectivos aos corpos de funcionarios da Administracion de Xustiza das oposicions do 2019

📢🔊 Publicada no BOE  a Orde JUS/273/2023, do 15 de marzo, pola que, en execución da sentenza, se anulan as bases Quinta.2, Sexta.2 e Sexta.4 da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza.

🔴 A modificación afecta a Base Sexta.2, quedando redactada coma segue: » Nos procesos selectivos de promoción interna dos citados Corpos a nota mínima suficiente do primeiro ou unico exercicio sera do 60% da posible». 

🔴Permítese a reserva de nota da fase oposicion tamén do 60% da nota posible.

🔴 Esta resolucion non ten efectos retroactivos.

Acceso a publicación completa:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-7518