📢🔊 ☑️ CONCURSO DE TRASLADOS, ☑️ PRAZAS PARA OS APROBADOS DA OEP 2023, ☑️ QUENDA DE RESERVA DE DISCAPACIDADE, ☑️ LISTAS COMPLEMENTARIAS E ☑️ CARREIRA PROFESIONAL: ❌ SEGUIMOS COA PAZ SOCIAL ASINADA POR STAJ, CSIF, UGT E CIG‼️

ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza segue a rirse dos traballadores e os sindicatos firmantes do acordo de 8-1-2025 que permitiu a implantación da lei de eficiencia seguen a facer gala da dita PAZ SOCIAL.

⚠️⚠️ Mentres SPJ-USO e outras organizacións sindicais seguimos reclamando a convocatoria inmediata do Concurso de Traslados e a oferta de prazas ás persoas aprobadas da OEP 2023, o Ministerio de Xustiza continúa sen dar respostas nin solucións.

🔴 CONCURSO DE TRASLADOS: o Ministerio di que, polo de agora, non pode confirmar nada. A realidade é que nin sequera solicitou as prazas ás CCAA para a súa posterior oferta.

🔴 APROBADOS DA OEP 2023: tampouco pode confirmar cando se ofertarán as prazas.

🔴 CARREIRA PROFESIONAL ESTATAL: falan dunha nova reunión, pero todo apunta a que, unha vez máis, non haberá avances. O Ministerio segue gañando tempo mentres os compromisos continúan sen cumprirse.

🔴 LISTAS COMPLEMENTARIAS E QUENDA DE RESERVA DE DISCAPACIDADE: seguimos á espera de respostas e solucións.

⛔⛔ É INTOLERABLE A ACTITUDE DO MINISTERIO E O SEGUIDISMO DOS SINDICATOS ASINANTES DO ACORDO! BASTA XA!

🤝🤝 O 8 de xaneiro de 2025, STAJ, CSIF, UGT e CIG asinaron un acordo que permitiu a implantación da Lei de Eficiencia en nome da chamada PAZ SOCIAL, comprometéndose, entre outras cuestións, a impulsar a Carreira Profesional estatal.

👉 Hoxe, os feitos falan por si sós, e a pesar do cheque en branco firmado por os catro sindicatos que permitían unha negociación e implantación pacífica dos Tribunais de Instancia para o Ministerio e CCAA transferidas, aqueles puntos positivos que contiña o acordo, como a Carreira Profesional estatal, están sendo sistemáticamente ignorados polo Ministerio de Xustiza
❌ Sen avances reais na Carreira Profesional.
❌ Sen proposta económica seria.
❌ Sen convocatoria do Concurso de Traslados.
❌ Sen confirmación da oferta de prazas para as persoas aprobadas.

📣📣 E, a pesar dos incumprimentos do Ministerio, os catro sindicatos asinantes continúan respectando esa paz social cunha docilidade incomprensible.

💪 Dende SPJ-USO estamos cada día máis orgullosos da Carreira Profesional galega, da que fomos impulsores e que demostra a importancia de loitar e negociar por melloras reais para o persoal.

✊ SPJ-USO: FEITOS, non palabras; Continuaremos denunciando a incompetencia do Ministerio e reclamando solucións.

▪️ Acceso ao acordo íntegro asinado o 8-1-2025 por Staj, Csif, Ugt e Cig co Ministerio: 🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:cec14d3a-4fbb-4e5c-9570-173d66efb342

ACORDO FIRMADO SINDICATOS STAJ, CSIF, UGT E CIG – LEI DE EFICIENCIA E TRIBUNALES DE INSTANCIA

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.