CARREIRA PROFESIONAL: MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE HOXE 9/11/2022

Carreira profesionalℹ️➡️ No día de hoxe tivo lugar xuntanza da mesa sectorial de Xustiza na que se tratou, en desenvolvemento do acordo de carreira profesional do que SPJ-USO é impulsor, a convocatoria dos grados extraordinarios 1 e 2 neste 2022.

🔴 Na mesa de hoxe confírmase que tódolos sindicatos presentes na mesa Sectorial da Xustiza Galega (SPJ-USO, CCOO, UGT e agora tamén STAJ, CUT e CIGA) finalmente firmarán o acordo de Carreira Profesional.

🔴 Logo de expoñer as nosas alegacións ó texto remitido de convocatoria, quedamos pendentes dunha última xuntanza que terá lugar o vindeiro luns día 14, e na que se prevén poucos cambios respecto do borrador de convocatoria do que vos temos informados en días anteriores e ó que podedes acceder pinchando no seguinte enlace: 

Borrador Convocatoria grados extraordinarios  I e II XUSTIZA

 

🔴 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
☑️ Grao 1 para TÓDOLOS CORPOS e grado 2 para TRAMITACIÓN E AUXILIO: 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do acordo no doga, que se prevé a finais de novembro.
☑️ Grao 2 para XESTIÓN E FORENSES: 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro de 2023.

👉 Unha vez rematada a vindeira mesa do luns 14 informaremos puntualmente.

 

Los comentarios están cerrados.