DOG: PUBLICADAS A NOVA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS E A MODIFICACIÓN DAS RPTs DAS FISCALÍAS

Tal e como estaba previsto no DOG de hoxe, luns 22 de decembro, véñense de publicar as seguintes resolucións da DXX:

🔴 NOVA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS: RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

👉 Entrará en vigor coa entrada en funcionamento da nova oficina xudicial, o 🗓️ 31 de decembro de 2025.

🔴 NOVA RPT DAS FISCALÍAS: RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

👉 A modificación da RPT de Fiscalía afecta a Santiago, Vigo, Ourense e Ferrol, onde se crea unha praza nova.
👉 As 4 novas prazas ofertaranse a Comisión de servizos próximamente, e posteriormente no Concurso de traslados 2026.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.