MÉDICOS FORENSES. PRAZA OFERTADA EN COMISIÓN DE SERVIZOS. XEFE/A DE SECCIÓN ÁREA DE PATOLOXÍA

 

COMISIÓN DE SERVIZO

NOVA PRAZA OFERTADA EN COMISIÓN DE SERVIZOS

20 de febreiro 2025.

MÉDICOS FORENSES

. Solicitantes Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.
 
Prazo e modo de presentación das solicitudes  será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022 modificada pola Resolución do 2 de setembro de 2024 e pola Resolución do 10 de outubro de 2024.

POSTO DE TRABALLO OFERTADO:
Xefe/a de sección área de patoloxía forense

1. Características do posto:
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). Subdirección territorial da Coruña.
Forma de provisión: Concurso específico de méritos.

2. Funcións
As previstas nos artigos 15 e 16 do Decreto 119/2005, do 6 de maio (DOG 18/05/2005), polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia.

3. Requisitos de participación
Corpo: Médico Forense.
Situación Administrativa: en activo.
Experiencia profesional: 5 anos como médico forense.

4. Formación específica
Coñecementos e experiencia en patoloxía forense. Coñecementos de informática: sistemas operativos, tratamentos de texto, folla de cálculo, base de datos, Internet e correo electrónico.

5. Criterios de adxudicación
Primeira fase: valoración de méritos xerais, cun máximo de 72 puntos

AMPLIA INFORMACIÓN: 250220_Resolucion_Imelga

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.