Archivo diario: 19/10/2026

SPJ-USO SOLICITA A REMISIÓN PARA ALEGACIÓNS DAS PRAZAS VACANTES A OFERTAR EN GALICIA PARA O INMINENTE CONCURSO DE TRASLADOS DE MÉDICOS FORENSES

Ante a inminente convocatoria do próximo concurso de traslados para o Corpo de Médicos Forenses por parte do Ministerio de Xustiza, corresponde ás comunidades autónomas con competencias transferidas a determinación e remisión das prazas vacantes do seu ámbito territorial ao citado Ministerio.

Que diversos territorios transferidos xa facilitaron ás organizacións sindicais as listaxes de prazas que van remitir ao Ministerio de Xustiza, cumprindo cos principios de transparencia e negociación colectiva.

Que, no exercicio das funcións de representación e defensa dos dereitos dos empregados públicos da Administración de Xustiza en Galicia que nos corresponden, resulta indispensable que a Dirección Xeral de Xustiza nos dea traslado de dita información co obxecto de poder revisar os datos e formular as alegacións oportunas que garantan a correcta inclusión de todas as prazas vacantes correspondentes ao noso territorio.

Polo anterior, dende SPJ-USO vimos de solicitar formalmente á DXX que se facilite a esta representación sindical a listaxe detallada das prazas do Corpo de Médicos Forenses da Comunidade Autónoma de Galicia que se van ofertar no inminente concurso xeral de traslados, dándonos traslado da mesma para a presentación das oportunas alegacións con carácter previo á súa remisión ó Ministerio de Xustiza.

SOLICITUDE LISTAXE PRAZAS CONCURSO FORENSES_signed

Xustificante de presentación-PR004A-20261019