
ATENEA: CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN NOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA GALEGOS.
O plan de traballo e calendario de implantación está condicionado por dous fitos que se deben acadar:
- O 01/01/2027 debe estar operativo Atenea en todos os tribunais de instancia, para habilitar o contador único por sección. O sistema Minerva non prevé esta funcionalidade.
- O 28/02/2027 o sistema de xestión procesual Minerva deixa de ser operativo a todos os efectos.
Tendo en conta estas premisas, estableceuse un plan de traballo que entra agora na fase de implantación efectiva nos tribunais de instancia.
O calendario previsto de implantación é o seguinte:
- 05/10/2026: Inicio da implantación nos tribunais de instancia de Bande e Verín, que actuarán como órganos piloto.
- Do 05/10/2026 ao 05/12/2026: Implantación progresiva en todos os tribunais de instancia. Durante este período poderán convivir ambos sistemas de xestión procesal. Establécese, con carácter orientativo, un período dun mes dende a posta a disposición de Atenea en cada órgano ata a desactivación do acceso a Minerva.
- 05/12/2026: Atenea estará dispoñible en todos os tribunais de instancia.
- 21/12/2026: Eliminación do acceso a Minerva, agás nos SCACE.
- 01/01/2027: Atenea será o único sistema de xestión procesual operativo e activarase o contador único por sección.
- Do 01/01/2027 ao 28/02/2027: Implantación de Atenea nos SCACE.
- 28/02/2027: Apagado definitivo de Minerva.
Durante o período de implantación progresiva, do 05/10/2026 ao 05/12/2026, concretarase o calendario de cada tribunal de instancia.
Data prevista da primeira implantación de Atenea nun tribunal de instancia na instalación indicada
- Ourense (comprende todos os partidos xudicias da provincia e Audiencia Provincial de Ourense): 05/10/2026
- Ferrol (comprende o partido xudicial de Ferrol e todas as vilas da provincia de A Coruña): 13/10/2026
- Santiago de Compostela (comprende o partido xudicial de Santiago de Compostela, a Audiencia Provincial da Coruña e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia): 19/10/2026
- A Coruña (comprende o partido xudicial de A Coruña): 26/10/2026
- Pontevedra (comprende o partido xudicial de Pontevedra e todas as vilas da provincia de Pontevedra): 02/11/2026
- Vigo (comprende o partido xudicial de Vigo e a Audiencia Provincial de Pontevedra): 09/11/2026
- Lugo (comprende todos os partidos xudiciais da provincia e Audiencia Provincial de Lugo): 16/11/2026
Os calendarios concretos en cada tribunal de instancia comunicaranse previamente a cada un dos órganos implicados.
O proceso de implantación irá acompañado de actividades de capacitación adaptadas ao perfil das persoas usuarias e ao seu ámbito de traballo.
O calendario destas sesións comunicarase e publicarase a través das canles habituais.







SPJ-USO PRESENTA ESCRITO SOLICITANDO UNHA EXTENSIÓN TELEFÓNICA CORPORATIVA INDIVIDUALIZADA PARA CADA DOTACIÓN DE POSTO DE TRABALLO DAS RPT

Escrito presentado por SPJ-USO ante a Dirección Xeral de Xustiza. 



_Amplía información:_ 

A falta de prazas suficientes nalgúns territorios non pode paralizar aqueles ámbitos que si dispoñen de postos vacantes para ofertar.
Nos ámbitos que non dispoñan de prazas definitivas suficientes, o artigo 28.2 do Real decreto 1451/2005 permite, con carácter excepcional e logo da correspondente negociación sindical, adxudicar destinos iniciais provisionais con todas as garantías legais.
Unha certificación inmediata das prazas dispoñibles en cada ámbito territorial.
As persoas aprobadas non poden continuar soportando unha demora que non lles resulta imputable.

















