INFORMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE CONCURSOS DE TRASLADOS, PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES E DATA DOS PRÓXIMOS EXAMES – XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO

SPJ-USO INFORMAINFORMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE CONCURSOS DE TRASLADOS, PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES E DATA DOS PRÓXIMOS EXAMES – XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO

ℹ️➡️ Ante as malinformacións difundidas en días pasados por algún Sindicato e academias de oposicións, ACLARAMOS:

🔴 – PRIMEIRO resolverase a FASE 1 DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024 (o convocado en Xaneiro de 2025). Prevese a súa resolución para FINAIS DE ABRIL.

🔴 – SEGUIDAMENTE CONVOCARASE A FASE 2 DO CONCURSO DE TRASLADOS 2024 (que incluirá as prazas afectadas pola primeira fase da implantación dos Tribunais de Instancia -os pobos-) e que se prevé a CONVOCATORIA ANTES DO VERÁN.

🔴 – A CONTINUACIÓN, resolto o concurso 2024, fase 2, ofreceranse destinos ós funcionarios aprobados pendentes de toma de posesión pola seguinte orde:

☑️ 1º ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS
☑️ 2º ESTABILIZACIÓN CONCURSO/OPOSICIÓN
☑️ 3º OEP 2023 PROMOCIÓN INTERNA
☑️ 4º OEP 2023 TURNO LIBRE

📣📣📣 DATA DOS EXAMES DA OEP 2024‼️

A dia de hoxe caben tódalas opcións, aínda que É PROBABLE QUE OS EXAMES SEXAN DESPOIS DO VERÁN, XA NOS MESES DE OUTUBRO OU NOVEMBRO.

👉 Manéxase a posiblidade de que sexan no mes de SETEMBRO os exames de PROMOCIÓN INTERNA.

👉 En todo caso, o día 25, en xuntanza do Ministerio e as CCAA transferidas intentarán consensuar unha data da que vos manteremos puntualmente informados.

📣📣📣 CONVOCATORIA DO CONCURSO DE TRASLADOS 2025‼️
Resoltos os procesos anteriores, o Ministerio prevé convocar o CONCURSO 2025 ANTES DE FINAL DE ANO, con todas as prazas vacantes.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.