PROBA PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX

No DOG de hoxe, 21 de febreiro, publícase  a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel iniciación.

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT: https://cemit.xunta.gal.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de SETE DIAS NATURAIS a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario. So existe unha edición que se desenvolverá nos seguintes dias: 2, 3 e 4 de abril

Toda a información sobre este certificado ComDix atópase na páxina web:  https://competenciasdixitais.xunta.gal/

▶▶  Accede ó contido íntegro da convocatoria no DOG aquí.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.