Archivo diario: 15/10/2026

CELGA 4-OBTENCIÓN CERTIFICADO PROBA EN LIÑA 2026

 

Convocatoria proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 ‼️

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).

☑️ O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será duascentas (200).

☑️ Data de realización da proba: A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

☑️ Presentación de solicitudes: As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes: unha, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa, e outra, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña. A presentación da solicitude a través da sede electrónica da Xunta, https://sede. xunta.gal, realizarase a través do formulario normalizado (anexo I) da convocatoria.

☑️ Prazo: 10 días habiles.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️