CONFIRMACIÓN DE POSTO FASE III: PUBLICACIÓN DE INSTRUCCIÓN, MANUAL OPAX, LISTAXE FUNCIÓNS E INICIO DE PRAZO

IMPORTANTE

A DXX PUBLICA AS INSTRUCIÓNS PARA CONFIRMACIÓN DE POSTO (FASE III)

 

A DXX informa que hoxe 🗓️6/11 está prevista a publicación na intranet e na páxina web da INSTRUCIÓN SOBRE A CONSULTA AO PERSOAL FUNCIONARIO DAS SÚAS PREFERENCIAS PARA A CONFIRMACIÓN NO POSTO DENTRO DO PROCESO DE REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS DA FASE III

O formulario coa preferencia sobre a confirmación deberá completarse obrigatoriamente na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX) no sitio web http://opax.xunta.es no prazo dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación desta instrución na Intranet de xustiza e na web da consellería de presidencia, Xustiza e Deportes.

🔴 Queda excluído desta consulta o seguinte persoal:

☑️ – O persoal que obtivo un posto singularizado por libre designación ou por concurso específico.

☑️ – O persoal que teña prevista a xubilación antes do 31.12.2025.
☑️ – O persoal destinado nos servizos comúns de apoio de cada localidade e o persoal do corpo de auxilio destinado no servizo de apoio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
☑️ – O persoal destinado nos Rexistros Civís Exclusivos da Coruña e de Vigo.
☑️ – O persoal dos Xulgados exclusivos de Violencia sobre a Muller da Coruña e Vigo.
☑️ – O persoal destinado en Fiscalía e Imelga.

👉ACCEDE AS INSTRUCCIÓNS: INSTRUCIONS PREFERENCIA CONFIRMACIONS FASE III

👉ACCEDE AO MANUAL OPAX: opax-preferencia-confirmacion-numo-1

👉  Listaxe definitiva de funcións

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.