ÚLTIMA HORA – PUBLICADA CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS 2024-2 (POBOS)

BOE – Orde PJC/1253/2025, do 27 de outubro, pola que se convoca concurso de traslado entre persoal funcionario dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.

ACCEDE AQUÍ A PUBLICACIÓN NO BOE

BOE – PRAZAS DE GALICIA

DOG – RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.

ACCEDE AQUÍ A PUBLICACIÓN NO DOG

BOE – PRAZAS DE GALICIA

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: SETE DIAS HÁBILES CONTADOS DESDE O DIA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN  (O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONCURSO FINALMENTE SERÁ DENDE O MARTES 11 ATA O MÉRCORES 19 AMBOS INCLUSIVE).

👉 ACCEDE AO ASISTENTE DE INSCRIPCIÓN:

ASISTENTE CONCURSO TRASLADOS XUSTIZA

📣📣 NOVIDADES DESTACABLES: ⤵️⤵️
🔴 PEDIRASE POR CÓDIGOS RPT: Dada a estrutura das unidades organizativas dentro dos partidos xudiciais afectados pola primeira fase de implantación e axuste dos Tribunais de Instancia, cada número de orde referirase unicamente a un posto. Polo anterior cada vacante identificarase por un número de orde correspondente a un só posto da unidade organizativa. Coa solicitude do devandito número de orde solicítase unha soa praza vacante do Corpo existente no devandito órgano.
🔴 SI HABERÁ RESULTAS: Tamén poderán solicitar as prazas que queden vacantes como consecuencia da resolución do presente concurso, que se incorporarán en concepto de resultas.
🔴 LIMÍTASE O NÚMERO DE SOLICITUDES AO SER POR RPT: (Antes o límite máximo eran 200, pero cun código abarcábanse as vacantes e resultas do Xulgado): Neste concurso xeral anual e a resultas, o número máximo de números de orde que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas, non poderá superar os 200 números.
🔴 NOVIDADE RESPECTO AS RENUNCIAS: Poderá admitirse a renuncia á participar no concurso dentro do prazo de presentación de instancias e durante os dez días hábiles seguintes á terminación do devandito prazo.
Accede a normativa e ao listado:⤵️⤵️

👉 RESULTAS CONCURSO FASE I NUMO

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.