A Dirección Xeral de Xustiza publicou a Resolución do Director Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas con data 03/06/2022.
Accede á Resolución do DXX:
- Resolución adxudicación substitucións
- Aclaración: a praza do CXPA do Xulgado do Penal 2 de Pontevedra, que por erro non aparece adxudicada nin «sen peticións» na resolución, non se cubre por non haber peticións, e polo tanto sairá ofertada a interino en próximos chamamentos.


Instrución do 3 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, pola que se modifican as pautas e criterios para apoiar a entrada en servizo efectiva da aplicación informática Dicireg, a partir da entrada en funcionamento da primeira oficina conforme ás previsións contidas na Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil.
Publicado no BOE o Acordo de 6 de xuño de 2022, do Tribunal Calificador do proceso selectivo de acceso ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocado por Orden JUS/1523/2021, de 3 de diciembre, polo que se convoca aos aspirantes da quenda libre á realización do primeiro exercicio sinalándose o día 1 de outubro de 2022, as 10:00 horas, en Madrid. Así mesmo indícase que a data de comezo do exercicio oral será o día 14 de novembro, con toda probabilidade.

















