Archivo diario: 21/06/2022

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES – 21/06/2022‼️

SUBSTITUCIÓNS

PUBLICADOS NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS NA INTRANET PARA A SÚA COBERTURA MEDIANTE SUBSTITUCIÓN.

 

✅🔴 PRAZO DE SOLICITUDES:  O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da resolución (22, 23 e 24 de xuño de 2022).

✅🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo ; caso de estar desempeñando un posto en Comisión ou Substitución deben levar 6 meses no posto respectivo.


**CRITERIOS DE ADXUDICACION: PINCHA NESTE LINK

✅🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

✅🔴 Modelo de  solicitude: Anexo II
Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX ,ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/)  mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

Accede á resolución⤵️⤵️

Nova convocatoria substitucións 21.06.2022

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS

No día de hoxe saiu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se adxudican os postos de traballos ofertados en substitucións o pasado 13 de xuño. Aquí vos deixamos o anexo I de adxudicacións:

 

ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS DAS COMISIÓNS DE SERVIZO CONVOCADAS O 18 DE MAIO

COMISIÓN DE SERVIZO

PUBLICADA A RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS DE COMISIÓNS DE SERVIZO  CONVOCADAS EN DATA 18/05/2022!!!

Accede ás adxudicacións definitivas: 

LISTAXE DE ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes

IMOS SER SERIOS E DIGAMOS VERDADES

spjinforma

VAMOS A SER SERIOS ver nota informativa

Vaia por adiantado, que  SPJ USO adícase a mellorar as condicións de traballo dos compañeiros de xustiza e non a perder o tempo en discusións absurdas e  mentiras, pero nesta ocasión non nos queda mais remedio que aclarar e corrixir a publicación de  uxt xustiza do venres.

A día de hoxe temos un acordo de carreira profesional vixente asinado por  SPJ USO  de data 10 de xuño de 2020, e desenvolvemento da mesma de data 3 de agosto de 2020; repetimos, en vigor para todos os efectos, en inminentes reunións de comisión de seguimento tentaremos e veremos o que se pode mellorar como é lóxico e evidente.

SPJ USO ÚNICO SINDICATO NACIONAL QUE NEGOCIA, FIRMA AVALA, E INSTAURA A CARREIRA AOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA DE GALICIA

¿POR QUÉ?, PORQUE TEMOS A MAIORIA DE REPRESENTATIVIDADE NA XUSTIZA GALEGA, OUTORGADA POLA MAIORÍA D@S TRABALLADORES

¿QUE FAI UXT XUSTIZA GALICIA??⤵️⤵️

Alarmar aos compañeiros, dicindo que a carreira desaparece, e que imos ter que devolver o cobrado, iso dixeron polos xulgados de Galicia, ¿iso é a verdade de  UXT?

Iso significa que non saben nin por onde andan, nin onde van,  DEBERÍAN DE ESTAR PREOCUPADOS!!! ….

🔴 BOLSA DE INTERINOS, ameazaron con recorrela ………será por que as súas ideas non as quere ninguén……¿ QUE PINTA UXT XUSTIZA? Onde está o recurso?  SPJ USO negocia, avala e asina a nova bolsa de interinos

🔴 COMISIÓNS DE SERVIZOS…ameazaron con recorrelas tamén, poñéndose en contra de todos os traballadores de xustiza de Galicia. ¿Onde está o recurso?  SPJ USO NEGOCIA, AVALA E ASINA A NOVA RESOLUCIÓN DE COMISIÓNS DE SERVIZO que nos pedía o 90% dos traballadores de xustiza.

🔴 RESOLUCIÓN DE SUBSTITUCIÓNS non presentan nin unha soa alegación,   ameaza con recorrela poñéndose en contra dos traballadores!!!!, ¿ a qué aspira este sindicato???’, ¿a seguir na cola da representatividade da xustiza galega ou fóra dela?.  SPJ USO NEGOCIA, AVALA E ASINA A NOVA ORDE DE SUSTITUCIÓNS  despois de anos de peticións dos traballadores.

🔴 METERON AOS COMPAÑEIROS DOS IMELGAS en recursos sobre o complemento especifico, cun recurso mal feito, mal fundado e mal organizado; ¿Resultado?, imposición de costas aos traballadores, PROBLEMA QUE TEN QUE SOLUCIONAR  SPJ USO A pedimento dos COMPAÑEIROS.

Mesmo recurso que o anterior aos compañeiros de Fiscalía ……resultado a día de hoxe nada, o sindicato dos  bandazos.

🔴 Queríanse apropiar do IPC GALEGO ………a día de hoxe nada, cero.  SPJ USO SEGUIMOS LOITANDO POR ESTE TEMA.

🔴 COMPLEMENTO DAS SECRETARIAS DOS XULGADOS DE PAZ , igual que se fosen antigos secretarios de Paz, Resultado a día de hoxe nada, cero, fume. SPJ USO LOGRA QUE TODOS OS XESTORES CON FUNCIÓNS DE SECRETARIA COBREN 30 EUROS MAIS  CADA MES , E ATRASOS DOS 5 ULTIMOS ANOS. FEITOS …..

🔴 ACORDO DO FIN DE FOLGA DA XUSTIZA GALEGA, a   UXT Galicia e nacional chamando a  SPJ USO GALICIA para ver que iamos facer e así esconderse detrás de nós, por si sós non tiñan valor, nin representación, de facer nada.

Etc. etc. etc.                            100 anos de nada……………

ACCIÓN SOCIAL: PRÓXIMA PUBLICACIÓN NO DOG DOS CRITERIOS DE REPARTICIÓN

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos que o próximo mércores 29 de xuño publicaranse no DOG a resolución pola que dá publicidade os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal da Administración de xustiza destinado en Galicia.

TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS:

Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33% que reúnan os requisitos establecidos e os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos apartados anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33%.

PRAZO DE SOLICITUDES: 15 DÍAS HÁBILES DENDE O DIA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN.

Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento a esta «acción social recortada» e instamos de novo á DXX a súa retirada e que se recollan e inclúan as alegacións feitas por este sindicato: A reposición dos programas existentes antes do ano 2011, é dicir:

  • AXUDA POR FILLOS
  • AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER O KRON.
  • E POR SUPOSTO, MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.

E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade de 21.911 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.