Archivo diario: 02/06/2022

LISTAXES PROVISIONAIS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA – PUBLICACIÓN VENRES 3 DE XUÑO.



A DXX acaba de informar a SPJ-USO da publicación das listaxes provisionais das novas bolsas mañá venres 3 de xuño ás 12:00 horas.

O prazo de alegacións será de 10 días hábiles, ata o 17 de xuño.

O persoal admitido figurará nunha lista provisional ordenada seguindo a orde alfabética.
En canto ao non admitido, indicarase a causa da exclusión.

– Na citada listaxe provisional figurará, asímesmo, a puntuación dos aspirantes tanto admitidos coma non admitidos.

– As listas provisionais publicaranse na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza, mediante resolución asinada electronicamente.

As persoas interesadas terán dez días hábiles desde a publicación das listas provisionais para reclamar, de conformidade co establecido na resolución da convocatoria, sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria, pero sen poder invocar nin acreditar outros méritos distintos aos alegados na solicitude.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados.