Archivo diario: 08/06/2022

CHAMAMENTOS DE PERSOAL INTERINO DO DIA 8/06/2022

NO DÍA DE HOXE 8 DE XUÑO DO 2022, FORON AUTORIZADOS OS SEGUINTES CHAMAMENTOS DE INTERINOS:

PROVINCIA DE A CORUÑA:

  • XESTIÓN:
    • Xulgado de Paz de Ponteceso.
  • TRAMITACIÓN:
    • Audiencia Provincial de A Coruña Oficina Rexistro Reparto.
    • Fiscalía de Area Santiago de Compostela.
    • Xulgado do Penal Nº3 de A Coruña.
    • Xulgado de Prim. Instancia 3 de Ferrol.
    • Audiencia Provincial de A Coruña Seción 1ª.

PROVINCIA DE LUGO:

  • AUXILIO XUDICIAL:
    • Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 2 de Vilalba.

REXISTRO CIVIL: CIRCULAR DO MINISTERIO ONDE SE DISPOÑEN OS CRITERIOS DAS ACTUACIÓNS URXENTES FORA DO HORARIO DE OFICINA

O Ministerio de Xustiza ven a publicar a circular 5/2022 onde se dispoñen as pautas a seguir polos Xulgados, nos Partidos Xudiciais onde está en marcha o modelo de Rexistro Civil da Lei 20/2011 de 21 de Xullo, para dar resposta ás actuacións urxentes e inaprazábeis en materia de Rexistro Civil, fora do horario das oficinas.

Desde a entrada en vigor da Lei 20/2011, do 21 de xullo o pasado 30 de abril de 2021 a implantación do novo modelo de Rexistro Civil está a levarse a cabo de forma graduada, polo que temos que convivir con dúas leis, ( Lei de 1957 e a nova Lei do 2021) e con dous sistemas informáticos ( INFOREG – DICIREG), ademais dos libros manuscritos daqueles xulgados nos que non están dixitalizados.

Aínda que a Lei 20/2011, do 21 de xullo entrou completamente en vigor o 30 de abril de 2021, non se aplicará en cada unha das Oficinas ata que conten cos medios e sistemas informáticos e as condicións de funcionamento adecuadas.

Sigue leyendo