TRAXECTORIA PROFESIONAL: AVANCE MESA SECTORIAL DE NEGOCIACIÓN 28/10/2022

Na mesa sectorial que se celebra hoxe en Santiago, SPJ-USO logra que as porcentaxes de carreira dos grados 1 e 2 en 2022, 2023 e 2024 sexán respectivamente o 60%, 80% e 100 % (3 anos) para tódolos corpos.

 

🔴 M. FORENSES: 2.627,95 EUROS cada grado.
🔴 XESTIÓN PROCESUAL: 1.839,18 EUROS cada grado.
🔴TRAMITACIÓN PROCESUAL: 1.186,08 EUROS cada grado.
🔴 AUXILIO XUDICIAL: 1.006,67 EUROS cada grado.

 

Esto supón un éxito rotundo para os/as traballador@s de xustiza de Galicia; xa que gracias ó acordo firmado por SPJ-USO, os funcionari@s de xustiza galegos están entre as tres comunidades autónomas mellor retribuídas a nivel nacional.

 

🔴 Dende SPJ-USO congratulámonos de que, ademais de o maioritario SPJ-USO, os sindicatos presentes na mesa sectorial de Xustiza CCOO e UXT (xa firmantes do anterior acordo), así como os non firmantes anteriormente STAJ e CIGA manifestasen a súa intención de firmar o acordo de carreira profesional de 2022.

 

👉 Pola súa parte A-CUT non firma o acordo, e CSIF non está na mesa de negociación por non ter representación na Xustiza galega.

 

🔴 O tempo sempre dá e quita razóns: FEITOS, non palabras‼️

 

🥳 Boa finde e parabéns a tódolos traballador@s da xustiza galega‼️

 

– En breve difundiremos nota resumen da reunión que se está celebrando neste momento.
Parabéns a tod@s.

 

Los comentarios están cerrados.